Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Paridisíaco? Non, suicida

“Españoles en el mundo: Grecia” (La 1, 22:30 h.)

Sociedade 20/12/2011
  Envía a túa opinión

Imos dar un dato revelador da crise económica grega que, sen que sirva de precedente, non ten que ver co déficit público, os millóns do fondo de rescate ou os niveis aos que lles sobe o ácido úrico aos seus habitantes cando ven aos xerifaltes europeos asomar pola televisión. O país heleno, segundo difunden as axencias de prensa en grandes titulares nesta xornada, é xa o que ten a taxa de suicidios máis alta de todo o continente. O máis sobranceiro do rexistro é que tres anos antes de botarse a soga ao pescozo literalmente, Grecia era o estado coa taxa máis baixa. Cinco de cada 100.000 helenos están a optar por quitarse a vida malia as ameazas dos pais da Igrexa Ortodoxa, que prohibe o enterramento dos que atentan contra si mesmos. E as informacións, rescatando historias semellantes ás de 1929 en Nova York, non dubidan en sinalar que a caída do Olimpo débese aos malos agoiros que as axencias de cualificación, como oráculos de Delfos, botan sobre o berce da cultura. 


Terá que haber un camiño

“Morente, el barbero de Picasso” (La 2, 23:25 h.)

Cultura 16/12/2011
  Envía a túa opinión

Escoiteille dicir a un cantautor que os músicos son xente solitaria. Díxoo cun pano de nostalxia nos ollos, se cadra porque nunca houbo banda que o aturase moito tempo. Mais poida que aquel home tivese razón: así como o modelo de familia católica impón a vida en parella e despois en familia, a tradición da música popular turra por unha existencia profesional solteira. Elvis era solista e si, os Beatles eran un cuarteto, pero acabaron indo cadaquén polo seu lado. E os dúos? Iso, a ollos dos chamados puristas, é a peor ocorrencia que pode ter un músico. Os dúos, ou se forman naturalmente como os Pecos ou os Carpenters, ou mellor esquecelos. Deles resultan fenómenos tan estraños como Tote King rapeando con Antonio Orozco ou directamente grotescos, como os espíritos mortos de Sinatra e Nat King Cole cantando con vivos que exhumaron os seus cadáveres con ánimo mercantil. E logo están Carlos Baute e Marta Sánchez e non hai máis que dicir.


“Me gusta el mueve-mueve”

“Como está o Panorama?” (TVG, 22:20 h.)

Sociedade 15/12/2011
  Envía a túa opinión

De cantos slogans manexa o Partido Popular, esas ideas forza que tanto lle prestan agora aos políticos, sempre me pareceu que fixo un achado xenial cunha que repiten acotío o seus líderes en Galicia, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda: “Somos o partido que máis se parece a Galicia”, din. Oufánanse, se cadra con algo de razón, porque o perfil dos populares sobre o papel debúxase co número de votos obtidos nas eleccións e abofé que foron moitos. Pois ese lema paréceme que tamén o podía facer seu a nosa televisión pública que dun tempo a esta parte teima en parecerse a Galicia... ou ao Partido Popular, dirán algúns críticos tirando dun sinxelo siloxismo. O caso é que a TVG coñece ben á súa audiencia potencial, porque, cun temporal de nivel vermello batendo no mar, a chuvia e as temperaturas caendo, que outra cousa lle pode apetecer a un galego que “moverlo suaaavesssitoooo”?. 


Knockout

“Estudio 1: Urtain” (La 2, 22 h.)

Cultura 14/12/2011
  Envía a túa opinión

Os transplantes de disciplinas artísticas non son sinxelos, as máis das veces camiñan zoupóns dun a outro lado, como un monstro feito con remendos que non casan ben os uns cos outros. Pero malia as dificultades continúa a longa escola de discípulos de Frankenstein, teimudos en salvar o rexeitamento natural que adoitan provocar os corpos estraños. Aínda hoxe segue a resultar complexo falar de pintura na radio, ou tentar esculpir a música, ou danzar a poesía. Hai moito cine que adapta banda deseñada, artes secuenciais próximas pero inevitablemente diferentes. E, finalmente, o teatro, vítima das pantallas de cine e televisión, aínda pretende ser reparado por estas, asimilado como unha natureza morta, feita de obxectos vivos pero igualmente emocionantes en diferido. A ese experimento aplícase “Estudio 1”, a transformación da arte das táboas en materia catódica que a televisión pública realiza co obxecto de multiplicar a audiencia teatral necesariamente limitada polo aforo dos recintos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros