O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá a tarde do sábado 30 de xullo (en horario de 16 a 20 horas) o I Campionato Galego de Piragüismo para alevíns e benxamíns, organizado polo Club de Piragüismo de Narón en colaboración co Padroado de Deportes.
Os xogadores do Racing chegaron en boas condicións ó comezo da pretemporada, tal como testemuñan os integrantes do corpo técnico. Boa proba diso é que ningún dos compoñentes da plantilla tivo problemas para rematar as tres esixentes sesións de entreno que se realizaron polo de agora. Isto fai máis doado o traballo do grupo á hora de avanzar na programación confeccionada polos adestradores. Onte, o primeiro exercicio foi nos campos artificiais e o segundo no anexo.
Logo de 30 anos de traballo, o salón de plenos do Concello de As Pontes será o escenario da presentación oficial dun libro sobre a historia do club deportivo As Pontes. Equipo de futbol que cumple máis de 75 anos de historia, pero que no pasado ano festexou o 50 aniversario da federación e a participación dunha competición oficial.
O Racing de Ferrol xa está en marcha. O novo plantel racinguista traballa xa ás ordes do novo “mister” Antonio López "Stili", e do preparador físico Fran Beade, quen retorna ao equipo ferrolán tras o seu paso polo Narón Balompé. O novo conxunto, que afronta a súa segunda tempada na terceira división, comezou onte en A Malata os adestramentos de pretemporada.