Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Mar de fondo

“Cine galego: Mar Adentro” (TVG, 23:35 h.)

Sociedade 13/12/2011
  Envía a túa opinión

Cousas para non facer en martes 13: nin casar, nin embarcar. Poderíamos engadir que tampouco é recomendable botarse ao mar dende unhas rochas, menos aínda se anda a cousa brava como hoxe, coas ondas dispostas a tragarte coa mesma voracidade coa que cada poucos meses empregan a balaustrada do Paseo Marítimo da Coruña como palillo para as fauces. Non sei se Ramón Sanpedro pegou o chimpo fatal nun martes 13, pero para el como se o fose. Perdeu o movemento, gañou o fundamento. Co paso dos anos decidiu, desta volta si, botarse ao mar negro da morte con todas as consecuencias, sen importar a data do calendario e con axuda de algo máis temible que os trebóns, porque mentres as isobaras non demostren o contrario, o cianuro é máis letal e infalible. A historias é ben sabida, pero hoxe vólvena contar na Galega.


Sibaritismo

“Metrópolis” (La 2, 00:25 h.)

Cultura 09/12/2011
  Envía a túa opinión

Presumir de que un ve os documentais de natureza en troques do telelixo é ao bo gusto televisivo o mesmo que ao gastronómico pasearse pimpante como un sibarita tan só por comer bombóns Ferrero Rocher. Pensas que formas parte dunha elite, dun grupo de elixidos que navegan contra a corrente do vulgo embrutecido, mais non. Mesmo para a exclusividade, hai castes, existen graos de excelencia que peneiran o gran entre a palla e representan do bo, o mellor, e do mellor, o superior. Haiche moito exquisito que se oufana de gozar co apareamento dos felinos salvaxes en “National Geographic” antes que co apareamento doutros felinos salvaxes en Telecinco. Pero iso é un prestixio de patacón: a proba dos valentes, o auténtico underground catódico está en pasar unha noite de venres pasmando diante de “Metrópolis” en La 2.


Merkel reinventando o Rapto de Europa

“59 segundos” (La 1, 00:15 h.)

Sociedade 07/12/2011
  Envía a túa opinión

Conta o mito grego que a Europa raptouna un touro, Zeus lascivo transformado en besta. Se a lenda a escribisen hoxe, o touro -ese símbolo impreso en tantas bandeiras españolas sempre que sexa cunha prominente bolsa escrotal pendurando- sería o que fuxise correndo das acometidas da fermosa muller fenicia, agora vestida con traxe de chaqueta, corte de pelo estándar e residencia no Bundestag. Así de mal lle pintan as cousas ao Goberno central que, seguindo coas analoxías toureiras, aparece axeonllado de súpeto no medio do círculo de area, fronte á porta de toriles, disposto a recibir a puerta gayola ao morlaco Euro mentres se persigna incontables veces e pensa nas candeas prendidas fronte á Virxe de Moody's. Non hai tantos anos a televisión euroescéptica celebraba con Albert Boadella o “Ya semos europeos”. Hoxe pregúntase: “Aínda semos europeos?”.


Un paseo memorable

“Cine: Reservoir Dogs” (La 2, 22 h.)

Cultura 01/12/2011
  Envía a túa opinión

Hai moita mentira nas virtudes que pregoan os gurús do éxito, cando proclaman que o triunfo apóiase na constancia, na perseveranza e no traballo completo e dedicado, que importa máis manterse que chegar. Iso só o poden dicir os que chegaron, que son moitos menos que os que se manteñen durante anos na mediocre terra de ninguén á procura dun aplauso. Compárese a soidade do corredor de fondo coa luz cegadora que rodea aos sprinters dos 100 metros lisos e remátese de vez con ese debate terrible que só xera frustración. O recoñecemento é fugaz e arbitrario e así hai que recoñecelo neste mundo contemporáneo que alumeou a figura do one hit wonder, a marabilla dun único éxito. Sen caer en tan pequena achega, si os hai que saben que para perdurar hai que crear intres memorables, así sexan individuais e esparexidos. Que llo pregunten a Quentin Tarantino. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros