Envía a túa opinión
Faltan duas carreiras para o remate do Campeonato de Portugal de Supercross e as espadas continuan en alto. Tras a proba do circuito de Arões en Fafe na noite do pasado sábado, na categoria de élite continua de lider Henrique Venda, sendo segundo Román Pérez. En SX1 (450) a clasificación é á inversa, figurando como primeiro Pérez e en segundo lugar Venda.
Envía a túa opinión
O equipo de Ferrol Pablito + 5 gañou o torneo de fútbol sala sub 15 de San Valentín en Fene, tras vencer por un contundente tanteo de 7 a 3 ao Montajes Elinco na final celebrada esta tarde. Máis de 80 rapaces e rapazas, distribuidos en 12 equipos, disputaron a competición na pista polideportiva desde o pasado venres.
Envía a túa opinión
A final do torneo de fútbol sala sub-15 de San Valentín disputaráse as sete desta tarde. Dende o pasado venres, máis de 80 rapaces e rapazas participan na pista polideportiva nunha competición que rexistra intensidade e expectación.
Envía a túa opinión
O motociclista de Fene Román Pérez aspira a revalidar o campeonato nacional de supercross de Portugal que xa logrou o pasado ano. Para logralo na categoria de élite deberá gañar as tres carreiras que restan para finalizar a competición. A primeira correráse esta noite na localidade de Fafe, a segunda en Paterna o dia 15 e a terceira o dia 22 en Ourem.