Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O documental “As silenciadas” dá voz ás guerrilleiras

Aurora Marco: “As mulleres foron a columna vertebral da guerrilla galega”

Sociedade 18/12/2011
  Envía a túa opinión

“Invisible e fundamental” foi a achega feminina á resistencia antifranquista, segundo constatou a profesora da Universidade de Santiago Aurora Marco tras unha investigación de cinco anos. “As mulleres constituíron a columna vertebral da guerrilla galega”, asegura, aínda que foron moitas máis as que exerceron de enlace que as que subiron ao monte. As guerrilleiras trataban de meter armas no cárcere, proporcionaban comida e alimentos, abrían casas de apoio, avisaban dos movementos da Garda Civil, enviaban notas... Todas estas tarefas, argumenta Marco, foron as que permitiron a supervivencia da loita contra a ditadura durante unha década.


A fotografía é a actividade artística máis practicada na comunidade galega

Os galegos aproban en fotografía e suspenden en escrita

Cultura 01/11/2011
  Envía a túa opinión

O Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, segue a ofrecer datos da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais dos Galegos, referenciados na Enquisa Xeral do Ministerio de Cultura para o bienio 2010-2011. Nesta segunda entrega presta atención á utilizaciòn dos videoxogos e á afección a actividades como a fotografía. Hai que salientar a forte baixada dos índices de asistencia a conferencias ou mesas redondas en Galicia, cunha caída de 4 puntos porcentuais respecto a 2006. Cun 10% de persoas que asisten a este tipo de actividades, a comunidade galega sitúase por debaixo da media estatal (13,1%).


Xabier Lorenzo

O musico Xavier Lorenzo prepara disco para xaneiro

Sociedade 18/10/2011
  Envía a túa opinión

Acompáñounos esta mañán na Fenestra Xabier Lorenzo, músico e compositor afincado en Ferrol que gañou este ano o concurso “Vas Sacar Nota 2011”, un certame coa que a Radio Galega quería buscar a canción do verán. Xabier Lorenzo venceu coa canción “O roncoavión”. O premio déulle a oportunidade de gravar un disco en inmellorables condicións técnicas, que podería sair do forno no mes de xaneiro.


Outono con sabor a muller

Xira outonal de Rosa Cedrón e Cristina Pato

Sociedade 18/10/2011
  Envía a túa opinión

A parella artística “Soas” formada por Rosa Cedrón e Critina Pato inician unha xira outonal para presentar o seu primeiro traballo “Muller”. A primeira parada deste “tour” arrinca en Pontevedra este sábado 22 de outubro. No álbum, as dúas intérpretes mesturan a tradición popular galega, letras de destacados poetas do páis e a música clásica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros