Coa lectura dunha carta enviada polo poeta uruguaio Héctor Rosales e dunha ponencia do profesor José Antonio Ponte Far en torno ao persoaxe de Jacinto Barallobre (Gonzalo Torrente Ballester. La saga-fuga de J.B.) rematou a III Xuntanza dos Barallobre. Medio cento de persoas con ese apelido atenderon á convocatoria da Liga de Amigos de Barallobre nesta parroquia de Fene (A Coruña).
A París de Noia, Olympus, Panorama son algunhas das orquestras máis en boga neste verán de 2009. Pero o seu éxito non empaña o eco que hai decadas tiveron tamén formacións como Os Tamara, Os Satélites ou Os Trovadores. Galicia é o país dos mil rios pero tamén das churrascadas, festas e verbenas.
A Escola de Teatro de Narón é un dese milagres que de cando en vez se producen no noso panorama cultural. Non só é canteira de profesionais para as distintas artes que conflúen no espectáculo teatral, senón tamén, e non menos importante, sementeira de afeccionados que o sustenten. Ser espectador e ter a posibilidade de ser parte do espectáculo é un soño que todos os amantes do teatro tiveron algunha vez e esta perfecta conxunción cultural é precisamente o obxectivo da Escola.