Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Mercado de futuros

“Comando Actualidad: Fe ciega” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 30/11/2011
  Envía a túa opinión

Cando me preguntan que proveito tirei do paso pola universidade, cústame dar unha resposta definitiva. Hai cousas que só se poden avaliar co paso de moitos anos. Se queren unha contestación urxente e concreta, direi que, polo menos, unha saca chea de palabras novas. Unha das máis curiosas é a “repentización”, que no galego viría ser algo así como “supetización”. Nas aulas de radio aprendíannos a esbardallar de súpeto coa única guía dun termo escollido ao chou. Hoxe sei que os mestres da disciplina son os videntes das canles estafadoras da TDT, homes e mulleres que só con escoitar unha voz telefónica son capaces de lerlle a cartilla sen rubor a xente necesitada de confianza.


Indignados a cinco chanzos de Kevin Bacon

“Repor: Seis grados de indignación” (La 1, 01:00 h.)

Sociedade 29/11/2011
  Envía a túa opinión

Case todo o mundo ten xogado nalgún momento a aplicar a teoría dos seis graos de separación, ese convencemento matemático e sociolóxico polo que se establece que entre dúas persoas escollidas ao chou no Planeta, é posible establecer unha relación interpersoal que os conecte a través de cinco persoas que dalgún xeito lles son comúns e funcionarán como elos da cadea que os une. Moitos anos antes de que as novas redes sociais rebentasen a necesaria distancia entre as celebridades e os cidadáns de a pé (hoxe pódeste rir á cara de calquera famoso no Twitter, el vaino saber e mesmo pode reaccionar), existían aplicacións curiosas da fórmula dos graos, entre elas o Número de Bacon, unha regra segundo a cal todos estabamos a cinco pasos de coñecer ao actor Kevin Bacon. A súa extensa filmografía facía que de algún xeito cada un de nós tivese relación case familiar con algún operador de cámara ou maquillador dun filme seu. Así que é máis doado ter trato co protagonista de "Footlose" que con algún político español.


Desmemoriado

“Cine: Paycheck” (La Sexta, 22:25 h.)

Cultura 28/11/2011
  Envía a túa opinión

Non son os máis valorados pola crítica, pero hailles que dar a razón aos escritores de ciencia-ficción que cos seus delirios prefiguran o noso futuro. Nunca lle haberán pagar aos herdeiros de Verne os réditos das patentes debidas todas as familias de industriais que se fixeron millonarios grazas a construír inventos que el bosquexara nos seus libros. Pero aos autores do fantástico seica é mellor non facerlles caso porque, aínda que o que hoxe semellen tolemias mañá sexa verdade, tampouco vivirán para reclamar que tiñan razón. Eu non son lector de Philip K. Dick, xa saben, o que preguntaba se os androides soñarían con ovelliñas eléctricas para durmir, pero as cousas que contaba cada vez resultan máis veraces: Por exemplo, un mundo no que a verdadeira espionaxe é xa a industrial e non a política, porque, e iso xa sabemos que é así, son as corporacións e non os gobernos os que rexen o futuro. 


Con riñoneras non pasaba isto

“Callejeros: Al ladrón” (Cuatro, 23:45 h.)

Sociedade 25/11/2011
  Envía a túa opinión

Teñen por afección os millonarios calmar as súas conciencias con fundacións benéficas que ademais lles desgravan ante Facenda. Aí están grandes as grandes firmas téxtiles desenvolvendo programas de cooperación e xurando que os meniños que lles cosen os vestidos de cóctel son felices traballando pola nosa elegancia. Eu dende aquí proclamo que, se de verdade queren facer obra social, impulsen o retorno da riñonera. Será unha aberración estética, pero aí están as gafas de sol de espello, os calzóns por enriba dos pantalóns e a lycra por todas partes e ninguén leva as mans á cabeza. Ese peto extra pegado por un cinto ao final do bandullo pode parecer un furúnculo enorme ou terse convertido no bolso Louis Vuitton dos ionquis, pero é unha ferramenta insuperable de protección fronte ás millonarias perdas económicas que os turistas sofren a diario nas grandes cidades.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros