Envía a túa opinión
O Meirás e o Eume Deportivo clasificáronse para as semifinais da Copa da ría de fútbol
afeizoado. O Meirás venceu por un contundente 5-0 á S.D. Barallobre. O resultado non reflexa
o acontecido no campo de Misael Prieto nunha tarde de tórrido calor.
Envía a túa opinión
Javier Gómez Noya colgouse este domingo a medalla de bronce no Dextro Energy-Campionato do Mundo de Triatlón de Madrid. É o cuarto podio consecutivo do ferrolano no circuito da Casa de Campo. Alistair Brownlee, de 20 anos, logrou a vitoria máis importante da súa carreira e consagrouse na capital española como a máis firme realidade do triatlón británico a falta de tres anos para os Xogos Olímpicos de Londres.
Envía a túa opinión
O Parrulo finalizou a Liga na terceira posición da Primeira Nacional A do fútbol sala , por detrás do Avilés Oquendo e do Gijón El Llano. As dúas primeiras prazas dan opción ao ascenso directo á División de Prata. O Parrulo conserva con todo moitas posibilidades de lograr o ascenso de categoría, se se producen algunhas renuncias ou a Liga Nacional de Fútbol Sala confirma a remodelación da Prata coa formación de 3 grupos en lugar dos 2 actuais.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
O Numancia de Ares organiza unha xornada de fútbol en homenaxe ao directivo da entidade recentemente falecido Pedro García. O sábado dia 13 de xuño enfrontaránse en Prados Vellos os equipos da entidade e seleccións de fútbol da ria.