Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Festa do Cabalo

Información do programa Novas do programa

2º premio do III Certame de Fotografía da Festa do Cabalo

Galopando na Festa do Cabalo

Sociedade 25/09/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Veciñal de Magalofes agradeceu esta mañá a elevada participación rexistrada este ano no III Certame de Fotografía da Festa do Cabalo, celebrada o domingo 29 de agosto. O segundo premio do concurso foi para a fotografía denominada Galopando, presentada polo veciño de Fene Xan Xe Corral Paz.


Fotografía: José Manuel Fachal Roel

O veciño de Cambre José Manuel Fachal, premio do Certame de Fotografía do Cabalo

Sociedade 25/09/2010
  Envía a túa opinión

O veciño de Cambre José Manuel Fachal Roel alzouse co primeiro premio no III Certame de Fotografía Festa do Cabalo, organizado pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión. Recibirá unha cea para 2 persoas e a estancia dunha noite na Casa de turismo rural Outeiro de San Sadurniño. O xurado destacou da imaxe gañadora o perfeito encadre, a coordenación das posturas de cabalo e xinete e a elegancia do trote do cabalo. “Tanto monta, monta tanto” podería ser unha acaida definición da fotografia vencedora.


Unha das fotografias presentadas ao concurso. (Rafael Fernández)

O III Certame de fotografía da Festa do Cabalo fállase mañá sábado

Institucional 24/09/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión darán a coñecer mañá sábado as imaxes gañadoras do III Certame de fotografía Festa do Cabalo. O acto celebraráse ás 12 do mediodia no local da entidade cidadán, contando coa participación do alcalde de Fene Iván Puentes e da concelleira de Cultura Carmen Silvar.


Fotografía: Damián Santiago

Remata o prazo de presentación de imaxes ao Certame de fotografía da Festa do Cabalo

Cultura 03/09/2010
  Envía a túa opinión

O prazo de presentación de imaxes ao Terceiro Certame de fotografía da Festa do Cabalo de Magalofes rematará ás 14 horas deste venres. Ainda se poden presentar as persoas que sacaran fotos o pasado domingo no transcurso da vixésima edición da Festa do Cabalo, celebrada en Fene (A Coruña).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros