Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Efecto Dinamo

Información do programa Novas do programa

Un verán sen aire acondicionado é posible

Sociedade 18/03/2010
  Envía a túa opinión

No Estado instálanse cada ano un millón de aparatos de aire acondicionado. Estes sistemas converten en habitables os espazos durante os meses de calor, pero cumpren o seu obxectivo a cambio dun consumo enerxético desmesurado que afecta ás economías domésticas e incrementa as emisións de gases contaminantes á atmosfera. Ante esta situación, os expertos defenden a implantación dos sistema de refrixeración eficiente, un conxunto de estratexias e avances tecnolóxicos que favorecen o descenso da temperatura dunha forma máis sostible. 


A “clase” dos edificios mídese en función da súa eficiencia enerxética

Sociedade 11/03/2010
  Envía a túa opinión

Do mesmo xeito que ocorre cos novos electrodomésticos, é posible cualificar os edificios. A través de etiquetas indícase o grao de eficiencia das vivendas: o seu consumo enerxético e, por tanto, o seu nivel de emisións de gases contaminantes á atmosfera. Nesta normativa céntrase o quinto programa Efecto Dinamo, un espazo radiofónico dedicado a promover prácticas sostibles.


Unhas ventás axeitadas permiten aforrar enerxía

Claves para illar termicamente as vivendas antigas

Sociedade 04/03/2010
  Envía a túa opinión

Como converter unha vivenda antiga nun fogar sustentable? A esta pregunta responde o cuarto programa Efecto Dinamo, un espazo radiofónico que recolle voces de diversos expertos sobre que tipo de actuacións se deben acometer nas paredes, teitos ou chans das casas para que resulten eficientes enerxeticamente.


O terceiro programa de “Efecto Dinamo” propón consellos para conseguir fogares máis eficientes

Sociedade 25/02/2010
  Envía a túa opinión

Dende a década dos noventa, o consumo enerxético dos fogares españois foi medrando a unha taxa media de máis do 40 por cento. Un aumento que se debe, sobre todo, ao incremento do equipamento doméstico. Por esta razón cómpre apostar por novas fórmulas que aforren nas vivendas. Pero, é posible esta redución do consumo sen perder calidade de vida e confort? Responden que si as voces dos expertos que se inclúen na terceira entrega do programa Efecto Dinamo centrada especialmente na chamada arquitectura bioclimática.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros