Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Videoxogos e tecnoloxía

Información do programa Novas do programa

Información certeira sobre o sector tecnolóxico: o caso Pervi

Sociedade 29/11/2010
  Envía a túa opinión

A xente crea perfís virtuais, envía mensaxes electrónicas, publica e enlaza contidos na web, emprega programas especializados para a xestión das contas... pero descoñece o labor dos profesionais que idean os contidos e aplicacións que emprega. Os medios de comunicación xeralistas, como voceiros e amplificadores dos acontecementos e das “realidades”, deberan transmitir con rigorosidade as novas relacionadas co sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para axudar á xente a introducirse neste mundo e darlle instrumentos cos que construír un espírito crítico de seu.


Imaxe do xogo

Trailer de L.A. Noire

Sociedade 22/11/2010
  Envía a túa opinión

O novo xogo de Rockstar Games, o gran experto en sandbox que traballa xunto co equipo australiano Team Bondi (creadores de The Getaway) presentan o trailer de L.A. Noire, aquel xogo do que fai 4 anos que se lanzou o primeiro video, e, cambiou bastante dende aquela o xogo que saíra a mediados do ano que ven.


“World of Popus”, un novo sistema de xogo para iPhone, iPod e iPad

Sociedade 21/11/2010
  Envía a túa opinión

A empresa lucense Smallwonders vén de presentar a súa segunda creación,World of Popus, un xogo de acción para iPhone, iPod ou iPad e onde o dedo do xogador debe controlar aos personaxes, os Popus, a través de diferentes escenarios cheos de obstáculos. Esta nova proposta leva xa uns días na Apple Store, a tenda de Apple, e desde o pasado xoves escalou ata situarse entre os “Novos e Dignos de destacar”, unha sección na que a multinacional estadounidense sitúa aos xogos máis salientables que saíron na semana.


Primeira imaxe de PSP 2

Sociedade 20/11/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

As novidades son os dous joysticks, a pantalla táctil e a cámara frontal. Sony anuncia que representará un antes e un despois no mundo das consolas portatiles.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros