Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

Adro de Sillobre (Fene A Coruña)

Os 17 plátanos do adro parroquial de Sillobre

Sociedade 27/05/2012
  Envía a túa opinión

No adro de Sillobre (Fene A Coruña) subastábase o trigo para pagar a festa. E unha das actividades que se celebraban á sombra dos plátanos que medran no adro da igrexa de Santa Mariña. Hoxe hai 17 exemplares pero en tempos houbo máis chegando ata a parcela que hoxe ocupa a escola unitaria. Os plátanos de Sillobre contan con máis de 100 anos, segundo testemuñas orais.


Parque Castelao en Fene (A Coruña)

As pacanas de Fene

Sociedade 21/05/2012
  Envía a túa opinión

Catro pacanas ou Carya illinoinensis presiden o Parque Castelao no núcleo urbano de Fene. Viñeron de Andalucía hai uns 70 anos e hoxe miden entre 22 e 25 metros. O seu froito é semellante á noz, cunha codia marrón e lisa. Posue propiedades saudabeis, dado que contén aceites ricos en ácidos graxos non saturados.


A árbore do alcanfor e a casa de Juan Fernández Vizoso

O alcanforeiro e a fábrica da familia Urgorri

Sociedade 13/05/2012
  Envía a túa opinión

O veciño de Maniños Juan Fernández Vizoso plantou o alcanforeiro arredor de 1960. Máis coñecido como “Juanín” foi alcalde de Fene entre 1955 e 1966. Impulsou a fábrica de portas “Meta” e trouxo a árbore do alcanfor do centro de Lourizán en Pontevedra.


Paulownia tomentosa en Pumido (Maniños Fene)

A Paulownia tomentosa de Pumido

Sociedade 28/04/2012
  Envía a túa opinión

Un mestre de chapa fina de Astano chamado Piñeiro plantou a Paulownia tomentosa de Pumido en Maniños. Trouxo a árbore de Cuba, onde estivera emigrado, na década dos anos 30. A árbore secou o pasado ano pero ainda amosa a súa estrutura, cunha altura de 17 metros, un ancho de copa de 13 metros e un perímetro de tronco de 2 metros 40 centímetros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros