Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Patio de butacas

Información do programa Novas do programa

El Rey León en Madrid

O musical que conmove ao mundo

Cultura 24/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Dazasete anos despois da súa estrea nos cines, e tras ser representada en teatros de todo o mundo, a historia de Simba e do resto de habitantes da sabana máis coñecida da factoría Disney, chegou o pasado venres ao teatro Lope de Vega da Gran Vía madrileña. A cidade vestiuse de gala para a ocasión: Carteis en cada parada de metro, longas colas nas taquillas, entradas esgotadas dende hai meses, e unha preestrea repleta de caras coñecidas do mundo do espectáculo.


Limpeza de sangue. Carla Capeáns

O sangue fai ruído

Cultura 22/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Dous mundos unidos nunha sala de hospital. Velaquí a historia de Fernando e Pantaleón, dúas persoas pertencentes a mundos –aparentemente- opostos, que véndose obrigados a compartir sesións de diálese, rematan unidos por un dos lazos máis fortes da existencia humana: A amizade. O grupo Espello Cóncavo consegue con esta representación da obra do autor galego Rubén Ruibal, na que se mesturan o mundo das drogas coas altas esferas do boom inmobiliario, reflexar dúas caras dunha moeda que aínda sendo distintas teñen en común a dureza, a crueldade, e as dificultades que dalgún xeito vense obrigados a vivir ambos protagonistas, quen, nun intento de xogar a ser “Príncipe e Mendigo”,  tratan de sobrevivir á súa propia sorte.

   


Carlos Basoa dirixe o grupo de teatro Xosémaría Pérez Parallé

Bó facer teatral do grupo Xosémaría Pérez Parallé

Cultura 17/10/2011
  Envía a túa opinión

Un día de bó facer teatral e de aplausos viviuse o pasado sábado no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. O público abarrotou o local na estrea do grupo de teatro Xosémaría Pérez Parallé.


Fernando Morán, Xabier Pan, Arturo López, Xoana Balado e Rubén Ruibal

Tres veces premiada e tres veces censurada

Cultura 07/10/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Tres veces premiada e tres veces censurada. Ese é o curriculum vitae da obra “Limpeza de sangue” de Rubén Ruibal. Gañou o Premio Alvaro Cunqueiro para textos teatrais do ano 2005, Premio Nacional de Literatura Dramática do 2007 e Premio Maria Casares 2011 ao mellor texto orixinal. A obra representaa este venres e sábado Espello Cóncavo no Teatro Jofre de Ferrol.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros