Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Os sindicatos agardan sacar á rúa milleiros de tractores

Os produtores lácteos convocan tractoradas do 13 ao 17 de xullo

Sociedade 29/06/2009
  Envía a túa opinión

Semana en branco pola supervivencia. Baixo este nome os sindicatos agrarios e a asociación de cooperativas convocan tractoradas do 13 ao 17 de xullo. Aseguran que os prezos do leite continúan a baixar, malia que levan xa meses por debaixo dos custos de produción, e que a situación resulta “insoportable” para os gandeiros. O programa Onda Rural recolleu estes argumentos, así como a convocatoria de mobilizacións.


Antonio Dacuña elabora queixos artesanais con leite cru de cabra

A empresa Cabras do Xurés, un exemplo de dinamización do rural

Sociedade 26/06/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Recuperar a tradición, aproveitar as características naturais do entorno e dinamizar o rural. Estes son algúns dos obxectivos de Cabras do Xurés, un proxecto empresarial que comezou un mozo menor de 30 anos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O programa Onda Rural achegouse a esta iniciativa, que pode servir de exemplo para moitos outros emprendedores, a través dunha conversa co seu impulsor, Antonio Dacuña.


O proxecto ten por obxectivo difundir o uso do sistema linux no rural

As explotacións agrogandeiras mergúllanse no sofware libre

Sociedade 25/06/2009
  Envía a túa opinión

Achegar as novas tecnoloxías, e en concreto o software libre, aos profesionais agrogandeiros. Este é o obxectivo do proxecto Ainfogra, a Aula Informática Agraria, que centrou a atención do programa Onda Rural. O espazo radiofónico dedicouse a afondar en iniciativas como AinfoVac, unha aplicación de software libre para a xestión integral de explotacións leiteiras.


Carme Freire é secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego

O Sindicato Labrego Galego cualifica de “tomadura de pelo” as medidas de Medio Rural para axudar ao sector lácteo

Sociedade 25/06/2009
  Envía a túa opinión

Con duras críticas reaccionou o Sindicato Labrego Galego ás medidas anunciadas pola Consellería do Medio Rural para dotar de liquidez ás explotacións. A secretaria xeral da organización agraria, Carme Freire, entende que os gandeiros non precisan contraer novos compromisos de crédito coas entidades financeiras, aínda que o Goberno prometa condicións vantaxosas. Freire cualificou a medida de “tomadura de pelo e falsidade”; xa que, segundo interpreta, é unha fórmula que só propón máis endebedamento para os produtores. O programa Onda Rural recolleu estas críticas e informou sobre as conclusión do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros