Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

Debate na TVG nas Xerais de 2008

Ferrol, Narón e A Capela acollen hoxe aos candidatos

Sociedade 15/06/2016
  Envía a túa opinión

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do voceiro en Fene, Gumersindo Galego, José Manuel Rey Varela, e polo presidente provincial, Diego Calvo, dará un paseo polo concello de Fene esta tarde. A cita é en San Valentín, no Paseo  Marítimo ás 19,30h. Posteriormente, Núñez Feijoo, participará nun mitin en Ferrol xunto ao candidato ao Congreso, Juan Juncal, e os presidentes local e provincial. O mitin popular comezará ás oito no Teatro Xofre.Hoxe o candidato do BNG- Nos ao Congreso Carlos Callón estará en Narón, participando nun mitin cos tamén candidatos, Secundino García e Olaia Ledo. Ás 8,30 no Local Social da Gándara. O candidato do PSOE á presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga achegase esta tarde á Capela co candidato ao Senado pola Coruña, Angel Mato. Xuntos visitarán ás seis da tarde a Cooperativa Campo Capela, nos Calzados e unha explotación de cría de vacas do país.


Foto de arquivo

Quempallou no Rio Castro en Naraío

Sociedade 14/06/2016
  Envía a túa opinión

Quempallou, Os Cuchufellos, Pesdelán e Zurrumalla actuarán no Festival do Río Castro en Naraío o dous de xullo. No lugar da Bola haberá xogos tradicionais, música para rapaces con A Gramola Gominola e un campeonato de deporte popular. A Asociación Veciñal de Naraío organiza as actividades.


Miguel Tellado no Feirón de Perlío

O feirón concentrou a campaña electoral en Fene

Sociedade 13/06/2016
  Envía a túa opinión

Aproveitando o feirón de Perlío, os candidatos ás elección do 26 achegáronse a Fene na mañá do domingo. Primeiros espadas do PSOE, BNG e PP como Xaquín Fernández Leiceaga, Ana Pontón e Miguel Tellado pisaron a rúa para achegarse aos cidadáns, tal e como semella que discurrirá esta campaña, con actos ao aire libre, áinda que o orballo incordiou por momentos. O Bloque protagonizou o único mitin na Praza do Perla ao mediodía. Ana Pontón incidiu na importancia da representación do BNG no congreso como calave para a defensa de Galiza.


O parque agarda

Adeus á Selectividade

Sociedade 09/06/2016
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Nervos e suspense aparecen estes días entre os estudantes que remataron o bacherelato e queren acceder á Universidade o próximo curso. As probas da última selectividade realizanse dende onte e rematan mañá nos campus de Esteiro e Serantes de Ferrol. Kant e Aristóteles son uns clasicos da selectividade e onte non fallaron pero tamén houbo novedades como Os Refuxiados. A calor no caso da Selectividade non axuda pero se falamos dos que empezan na escola, do alumnado de infantil, aquí o bo tempo é un aliado que permite rebordar as paredes das aulas e lanzarse á conquista da natureza. Iso fixeron esta mañá as mestras e nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do Colexio Centieiras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros