Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Juan Carlos Valle Karloty

A realidade encantada de Mía Couto

Sociedade 27/10/2017
  Envía a túa opinión

Mía Couto, escritor de Mozambique, é un poeta moi comprometido co oficio de vivir, coa natureza e coa humanidade. “Ten textos moi fermosos do seu pobo e de África en xeral” afirma Juan Carlos Valle “Karlotti” coordenador do club de lectura de poesía de Ferrol. “Os rios discurren por dentro del e por iso son universais e ademais describen unhas realidades encantadas que se asemellan ao realismo máxico de Gabriel Garcia Márquez”.


Exther Val, Henrique Sanfiz e Andrés C.M.Riveira

Os desafíos do cambio climático

Sociedade 19/10/2017
  Envía a túa opinión

Nos seus soños, Anna é quen de albiscar un planeta agonizante no futuro, con moitas especies desaparecidas da Terra a causa da contaminación e do cambio climático. Evitar que ese escenario apocalíptico se faga realidade é seu reto. Comentamos hoxe con Exther Val e Andrés C.M.Riveira o libro “A terra de Anna” de Jostein Gardeer, traducido por David Alvarez para Editorial Kalandraka.


Miguel de Lira (Chévere) apoiou a campaña Herdo Novo de Radiofusión

O humor é esencial para a literatura e para a vida

Sociedade 13/10/2017
  Envía a túa opinión

“O resultado da lectura foi estupendo, méteste axiña na historia moi centrada nas onomatopeas. Vas lendo, riste moito cunha comedia disparatada e festiva e imaxinas a representación nun escenario minimalista” afirman Esther Val e Andrés C.M.Riveira arredor do libro “Rio Bravo” editado por Kalandraka.


Esther Val, Andrés C.M. Riveira e Henrique Sanfiz

O vagacol e a camaloura

Sociedade 05/10/2017
  Envía a túa opinión

O libro é un xogo de palabras, unha ironía que fai lembrar os enredos da rapazada” afirman Esther Val e Andrés C.M Riveira en torno ao libro “Animais de compañía” de Manuel Lourenzo, ilustrado de xeito magnífico por Oscar Villán. A musicalidade dos versos, a deformación dos significados das palabras, as confusións recordan cancións. O vagalume, camaleón, caracol e vacaloura conviven co caralume, vacaleón, vagacol e camaloura, desmostrando o poder da linguaxe para modificar a nosa percepción da realidade. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros