Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

Rosa Aneiros

Unha nena

Sociedade 17/10/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Afirmei en numerosas ocasións que a literatura debía volver ao xornalismo, de onde foi apartada bruscamente en nome da falsa e sobrevalorada obxectividade, ese mito que erixe en verdade absoluta os feitos sen aceptar que, dependendo da perspectiva dende onde se mire, estes mudan radicalmente. Claro que eu me refería aos recursos estilísticos das pezas informativas, non aos feitos narrados. Cuestionaba o como, nunca o que, aspecto que sigo a crer a cerna básica do oficio: o que. Porén, na práctica xornalística actual, o QUE parecer ser o de menos. E aceptar isto implicaría asumir que son as tendencias e os índices de audiencia os que marcan o exercicio da profesión e non os códigos deontolóxicos, as regras máis elementais do oficio, as normas básicas que rexen a elaboración das pezas informativas. Porque no caso do asasinato da nena Asunta cruzáronse todas as liñas vermellas.


A estética garçonne impúxose nos anos 20

A doutora Mercedes Expósito analiza a evolución dos prototipos femininos no século XX

Sociedade 15/10/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

“Non só a sociedade se asenta na diferenza de sexos, tamén a Historia e as súas grandes transformacións levan ensambladas prototipos de masculinidade ou feminidade”. Desta premisa parte a tese de doutoramento que Mercedes Expósito García acaba de defender na USC ­–coa máxima cualificación unánime– baixo o título ‘Las mujeres de la nueva civilización (1900-1950)’ e a dirección de María Xosé Agra. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda constitúen dous episodios fundamentais para comprender as novas formas de entender a masculinidade e a feminidade. Na primeira, explica a autora, xérase unha figuración de muller independente –a garçonne– mentres que na segunda aparece outra que garda relación cunha época anterior, a vitoriana, e que conleva un retorno da submisión e a dependencia respecto ao home: a pin-up. “O primeiro caso supón un claro precedente para a actual crise de identidades de xénero e o segundo unha vontade de restablecer a orden dun eterno feminino e un eterno masculino ben delimitados”, sentencia Expósito. Por tanto, conclúe, “lonxe das teses que defenden a idea dun progreso histórico sempre en marcha cara adiante”, a Historia das mulleres e as súas loitas pola cidadanía e o recoñecemento da súa humanidade “componse tamén de correntes contrarias que levan ao estancamento, e incluso a involución e o retroceso”.


Batucada de apertura

Sao Paulo acolle o 9º Encontro Internacional das Mulleres

Sociedade 27/08/2013
  Envía a túa opinión

Comeza o 9º Encontro Internacional no 'Memorial de América Latina' en Sao Paulo. Con 130 delegadas chegadas de 50 países dos 5 continentes e máis de 1400 delegadas Brasileiras comezou este 26 de agosto o encontro internacional que definirá a 4ª Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres e o cambio do Secretariado Internacional que abandona Brasil onde estivo traballando dende 2006.


Xogar para ser iguais

Un de cada tres anuncios é sexista

Sociedade 15/08/2013
  Envía a túa opinión

Xoguetes para nenas en páxinas de cór rosa. Para os nenos, en azul. A muller, sempre xove, guapa e delgada. O corpo feminino, cousificado e fragmentado. As féminas, cheas de problemas, caixóns de desastres. Son algunhas das realidades que emerxían no Informe sobre o sexismo na publicidade dos medios de comunicación de Galicia, dirixido por Isabel Menendez. A investigación revela que 1 de cada 3 anuncios presenta algún tipo de sexismo, concretamente o 31% do total da mostra estudada. A profesora da Universidade de Burgos sosten que é necesario, neste 2013, continuar defendendo o uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista tamén na publicidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros