Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 26 de Maio de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Davide Salvado

O lobo ouvea cando canta

Sociedade 11/06/2015
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O lobo ouvea cando canta. É a voz da besta, unha voz que ten estomago e fame; unha voz xenital, turbadora, telúrica; unha ameaza, un feitizo, un misterio, unha resposta. Afirma o crítico Iñigo Espert que “o corazón profundo dos bosques, a entraña milenaria da terra, é a que canta pola boca do lobo”. O disco de Davide Salvado “Lobos” está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. Salvado é unha das voces máis carismáticas da World Music en Galicia.


Consello da Xunta de Galicia

Millón e medio de euros polo galego a xornais en castelán

Sociedade 18/05/2015
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Prolingua denuncia a Xunta polo "esmorecemento" do sector cultural do país. Así, nun comunicado lembra que hai doce anos este sector ocupaba o cuarto posto no PIB galego, segundo recolle o portal Galicia Confidencial. "Os gobernantes da actual Xunta escolleron que sectores produtivos impulsarían e cales deixarían esmorecer. Nun contexto de desemprego e de emigración, a posibilidade de que se arruínen ou saian adiante proxectos científicos, artísticos ou xornalísticos -eses que máis dependen, sobre todo no inicio, dos fondos públicos- non é aleatoria", apunta nun comunicado.


Os actos serán nas sete cidades e Ribadeo

O galego, garantía de futuro

Sociedade 17/05/2015
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

As letras galegas cántaas todas Magín Blanco no tema "O abecedario" que vén de presentar A Mesa Pola Normalización Lingüística. E é que se o 17 de maio é unha data que homenaxea a autores destacados que se serviron delas para facer a súa obra, tamén é unha xornada para reivindicar que esa fortuna, a de termos letras de noso, lingua de noso, non a podemos perder. A plataforma Queremos Galego volve chamar ao conxunto da cidadanía a participar nas manifestacións que terán lugar este domingo ao mediodía nas sete cidades galegas e Ribadeo. Desta volta o lema da convocatoria é “O galego, garantía de futuro”. O Concello de Santiago aínda non respondeu á soclicitude para fornecer de electricidade e megafonía o acto de Compostela, na praza das Pratarías. Non obstante, o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, garante que haberá mobilización "sen ningunha dúbida" e que, de ser preciso, será "a enerxía da xente" a que potencie a xuntanza en defensa da lingua galega.


Miguel de Lira con Herdo Novo

Irmandade e Radiofusión protagonizan Herdo Novo

Sociedade 15/05/2015
  Envía a túa opinión

Un programa maratón de doce horas arredor da lingua galega. A iniciativa chámase “Herdo Novo” e a protagonizan nesta xornada Irmandade Televisión e Radiofusión, a rede da radio local en Galicia. De once da mañá a once da noite irán pasando por Herdo Novo todo tipo de voces opinando sobre a situación do noso idioma. Escoitaremos a máis de douscentos mozos e mozas das cidades e das zonas rurais explicando as razóns das súas opcións lingüísticas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros