Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Votación en Premiá de Mar. 9h.

Cataluña vota con normalidade

Sociedade 09/11/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha masiva afluencia ás urnas rexistrouse a primeiras horas desta mañá nos colexios electorais abertos en Cataluña. A votación celébrase con normalidade e civismo nos institutos de ensinanza. Medios de comunicación de todo o mundo seguen con interese a consulta. Unha participación superior aos tres millóns setecentas mil persoas consideraríase unha victoria independentista.


Artur Mas

O goberno catalán desobedece ao TC e mantén a votación do 9N

Sociedade 04/11/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A Generalitat mantén o proceso participativo convocado para o domingo 9 de novembro, pese á decisión do Tribunal Constitucional de suspender as votacións. O goberno catalán anuncia que denunciará ao goberno por atentar contra os dereitos fundamentais dos cataláns.


A cruz, á esquerda da imaxe

Unha cruz, novo achádego no Monte Pindo

Sociedade 06/10/2014
  Envía a túa opinión

A Asociación Monte Pindo Parque Natural notificiará hoxe mesmo ás autoridades a ubicación dun novo achádego para proceder á súa catalogación, incrementando asi o múltiple patrimonio arqueolóxico do Monte Pindo. Na mañá de onte os veciños Jordi Tato e Iván Franco, directivo da AMPPN e o concelleiro de Cultura de Carnota, atoparon durante unha visita ao Olimpo Celta un petroglifo que non estaba catalogado, preto do camiño que sube desde o Fieiro.


Tren que fai a ruta dos faros

Máis de 2000 viaxeiros subiron aos trens turísticos de Galicia

Sociedade 02/10/2014
  Envía a túa opinión

A campaña dos trens turísticos posta en marcha por Turismo de Galicia, en colaboración coa empresa RENFE, pechou cun notable éxito ao rexistrar 2.002 viaxeiros e unha ocupación do 81,71%. Dentro desta campaña, un total de 567 persoas empregaron a opción de aproximación o que supuxo o 28,32% dos usuarios deste servizo turístico. Esta opción permitiu que os viaxeiros se achegasen de xeito gratuíto ás estacións de partida dos trens turísticos desde A Coruña a Ferrol e Santiago, e desde Santiago a Ourense. Os trens turísticos funcionaron alternativamente os sábados e os domingos cada quince días entre o 15 de xuño e o 28 de setembro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros