Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Don´t hassle the Hoff

“El Hormiguero 3.0: David Hasselhoff” (Antena 3, 21.45 h.)

Sociedade 24/11/2011
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

Hai que mirar ao pasado sen rancor, como cantaban os Oasis, e ao futuro con esperanza, como cantaba Diego Torres. Merda. David Hasselhoff cuspe sobre esas palabras. Se o obrigan a escoller el estará disposto a facerlle os coros a Noel Gallagher mentres deixa afogar nunha praia californiana a Torres e o seu himno a prol do futuro. Calquera tempo pasado foi mellor, máis se fuches Michael Knigth. Nos anos 80 a estampa do éxito, o puro porvir concentrado nun rizos morenos e uns pantalóns máis apertados aos xenitais do que recomendaría un urólogo, estaba no protagonista de “El Coche Fantástico”, “un home que non existe nun mundo cheo de perigos”. Todos queríamos ser el. A el hoxe non que lle queda máis remedio que ser o “cameo friki” na segunda parte de “Fuga de cerebros”, unha comedia española sen miolos.


Let´s rock and roll!

“Zona Champions: Milan-Barcelona” (TVG, 20:30 h.)

Sociedade 23/11/2011
  Envía a túa opinión

Hai moitos argumentos a prol da coroación do fútbol como deporte rei, unha tiranía á que ninguén lle pode tusir. Un dos máis repetidos é ese que di que, a diferenza de disciplinas como o baloncesto ou o atletismo nas que a vantaxe física xoga un papel determinante -xa sexa en forma de altura ou resistencia-. no balompé nunca se impón un único factor decisivo e os albumes de cromos -algo así como o Parnaso dos heroes con botas de taco-, por moito que a potencia sexa cada vez máis determinante, teñen na súa gloria a tapóns lixeiros e algo contrafeitos como Maradona ou Messi, improbables vencedores fronte a exuberancia dos seus rivais. Porén, ao meu modo de ver, tanto ou mellor fala do fútbol a estraña alquimia pola que un xogo colectivo, numeroso, pode, por máis que se glorifique o traballo conxunto, xirar arredor dun verso libre, dun único talento inimitable que te aproxima ao mesmo tempo á vitoria e á derrota. Deses, cada vez quedan menos, e un deles é o controvertido Zlatan Ibrahimovic.


Fábulas da crise

“Versión Española: Luna de Avellaneda” (La 2, 22 h.)

Sociedade 22/11/2011
  Envía a túa opinión

O gracioso, por non chorar, desta crise, é que vén para ficar connosco. Se cadra, instalados na ladaíña dos recortes, aínda pensamos que pasadomañá, como quen di, volverán os días de gloria nos que o vehículo utilitario dunha familia española mileurista era o Audi A3 e os pisos de menos de 180.000 euros eran chabolas grazas a que os bancos se comportaban como pozos sen fondo de crédito dispostos a especular coas nosas hipotecas ou cadeas perpetuas. Case perpetua adiviñase tamén esta sima económica a non ser que Rajoy III o Perseverante cumpra as súas promesas e nos rescate da depresión, o cal haberíalle valer o título de caudillo vitalicio e patrón do Santo Emprego a cambio de tan pequeno sacrificio como volver todos nós a ser “españois de ben”, esa expresión que tanto lle gusta e que vén significar algo así como recuncar en masa á misa de domingo. Así que inocentemente nos resistimos a que a crise sexa perenne malia que exemplos cos que nos deprimir abundan polo mundo adiante. 


Servizo público

“Foro Aberto” (TVG, 23:45 h.)

Institucional 21/11/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Alguén comentaba durante a noite electoral, nese patio de veciñas que é o Twitter, no que se saca a lingua a paseo coa mesma velocidade coa que se espeta un puñal polas costas, que os presentadores do programa especial arredor das eleccións xerais na TVG amosaban un entusiasmo no relato da amplísima vitoria do Partido Popular de tal calibre que tal parecera que ían tirar de matasogras e confetti e bañarse as cabezas en champan (o cava xa sabemos que é catalán). Son malos tempos para ter traballo no xornalismo, así que eu desculpo calquera exceso que poida relacionarse coa consolidación dun posto de traballo derivado dun determinado resultado electoral. Eu xa me vin nas mesmas. Claro que no caso do programa informativo do 20N a sospeita dun certo corte ideolóxico xa viña precedida polo desprazamento dos presentadores habituais, aos que a dirección culpou de sedición por manifestárense contra o control político do ente público. Estas sorpresas, para tranquilidade dos espectadores, non as hai en “Foro Aberto”. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros