Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Cartel do XXV Festival de Poesía no Condado

O Festival de Poesía no Condado reivindica as mulleres como motores do cambio

Cultura 30/08/2011
  Envía a túa opinión

O Festival de Poesía no Condado chega esta fin de semana á súa vixésimo quinta edición. Celebrarase en Salvaterra do Miño (Pontevedra) e pretende, como cada ano, unir festa e reivindicación. Nesta ocasión o lema elixido é “Sen as mulleres non hai revolución” e protagonizará a mesa redonda que á unha da tarde do sábado, na Casa do Conde, reunirá a diferentes colectivos feministas que falarán da loita das mulleres pola emancipación, da igualdade e da superación do sistema patriarcal. Non obstante, hai moitas outras actividades programadas no marco desta cita que arrincará ás sete e media da tarde do venres nas Covas de Dona Urraca con exposicións, proxeccións audiovisuais e a tradicional “Noite nas minas” con recital de María do Cebreiro, concerto de De Outra Margem e para rematar a festa, comida e repichoca.


Moondogs Blues Party actúa xunto a Noc este xoves en Carral

Moondogs Blues Party e Noc toman o relevo no Querostar

Cultura 24/08/2011
  Envía a túa opinión

O concurso de música ao vivo Querostar segue adiante da man de Airapro e a Sala The Star. O certame que repartirá case 2.000 euros en premios entre grupos de música de todos os estilos celebra mañá xoves, 25 de agosto, a cuarta rolda de concertos neste local de Carral (A Coruña). Os grupos coruñeses Moondogs Blues Party e Noc actuarán a partir das dez e media da noite nuns concertos que tamén se poderán seguir en directo desde internet grazas ao streaming emitido por Airapro na canle Querostar Tv da plataforma JustinTv , que incluirá entrevistas cos grupos, o público e o xurado antes e despois das actuacións.


Portada de “Madeira de Mulher”

As “mulleres-árbore” protagonizan o novo libro de Adela Figueroa

Cultura 22/08/2011
  Envía a túa opinión

Sentimentos, lendas, realidades xurdidas de conversas, a relación da muller co entorno, cos homes e con algún animal máxico... De todo isto fala a ex-presidenta de Adega e escritora Adela Figueroa na súa última obra Madeira de Mulher, un libro ilustrado por Celsa Sánchez e publicado por Edicións do Castro. Unha colectánea de historias que pretende dar a coñecer as experiencias e reflexións de mulleres da sociedade galega que viven neste século XXI, pero que tamén o fixeron no XX. A razón, que esta franxa de tempo supuxo moitas mudanzas en canto a costumes, ambiente e relacións home-muller. A obra presentarase ás sete e media da tarde deste xoves, 25 de agosto, na Praza dos Libros de Carballo. Acompañando a Figueroa estarán a ilustradora e o membro de Adega Paco Graña; así como o son do acordeón diatónico de O´Mighelo.


Politólogos, sociólogos ou filósofos participan na obra

Faktoría K publica en galego as claves do Movemento 15-M

Sociedade 16/08/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Movemento 15-M xa ten o seu propio libro. Faktoría K vén de traducir ao galego “A revolta dos indignados: Movemento 15-M, Democracia Real Xa!”, un libro colectivo, publicado anteriormente pola Editorial Popular madrileña, que reúne reflexións e artigos de diversos analistas políticos e sociais arredor deste fenómeno tan actual. Traducida por Ramón Nicolás, a obra reúne as opinións dos profesores de Ciencia Política Carlos Taibo e Juan Carlos Monedero, o sociólogo Josep María Antentas, a activista Esther Vivas, o filósofo Antoni Domènech ou o historiador Iván Giménez Chueca. As súas respectivas achegas explican as claves do movemento, a súa xénese e os obxectivos que persegue, e reflicten o descontento xeral motivado pola difícil situación económica, política e laboral, criticando a indefensión da cidadanía e facendo un chamamento á concienciación e ao compromiso ante a necesidade de “construír entre todos unha sociedade mellor”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros