Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

A Semana da Filosofía celébrase en Pontevedra

A educación pertence a todas as idades e facetas da vida

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

A Aula Castelao celebra a XXVI Semana Galega da Filosofía en Pontevedra, que concluirá pasado mañá venres e durante a que se achegan todo tipo de reflexións verbo dun tema común que desta volta resultou ser a educación. A coordenadora da semana, Olga Aguiar explicou a Radiofusión que a Semana quere transmitir a idea de que educar é algo que está máis alá da etapa vital infantil e xuvenil e do eido escolar, senón que pertence a todas a as idades e a todas as facetas da vida.


Os gastos nas lúas de mel mantéñense. (Fotografia Juventino Jimenez)

As Illas Canarias, principal destino turístico na Semana Santa

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

Unha estimación da ocupación hoteleira coñécena de antemán os axentes turísticos que venden as viaxes vacacionais. A crise nótase especialmente nos chamados gastos suntuarios e os galegos queren aforrar nas súas vacacións. Así o confirmaba a Radiofusión o vicepresidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxe, AGAVI, Abilio Álvarez, quen cifra a caída na facturación das axencias entre o 15 e o 20 por cento.


Presentación da edición xaponesa de Cantares Gallegos

Cantares Gallegos xa dispoñible en xaponés

Cultura 11/03/2009
  Envía a túa opinión

O poemario de Rosalía de Castro 'Cantares Gallegos' conta cunha nova edición traducida ao xaponés, nunha versión bilingüe que pretende difundir e promocionar esta obra universal da literatura galega entre a sociedade oriental. O profesor e lingüista Takekazu Asaka foi o encargado de sacar adiante este proxecto que se completa cun cd no que se incluén varios poemas interpretados en clave musical por unha pianista e unha soprano xaponesas.


Los Reyes del K.O.

Los Reyes del K.O. inauguran o cartel do Marzo Pop de A Estrada

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

Un ano máis o concello de A Estrada únese ao circuíto musical independente e achega ao Teatro Principal da localidade propostas de blues, country-folk, pop e sons sesenteiros. O Marzo Pop comeza este venres coa actuación dos composteláns Los Reyes del K.O, considerada a mellor banda de blues do Estado.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros