Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Who´s bad?

“Doctor Murray: mi verdad sobre Michael Jackson” (Cuatro, 00:45 h,)

Sociedade 18/11/2011
  Envía a túa opinión

En pleno debate sobre o futuro que lle agarda á sanidade pública, ben farían os partidarios do mantemento do actual estado das cousas en pasarlle pola faciana a Esperanza Aguirre e outros próceres do pago pola saúde uns carteis coa estampa de Conrad Murray, un home cuxo nome non é tan coñecido como o da súa vítima. Isto, para os magnicidas voluntarios é unha traxedia, por canto contan con pasar á historia e -agás Bruto (“ti tamén, meu ben!”), discípulo e asasino de César- ninguén recorda quen son ou porque mataron e si a quen mataron. Non estaba no ánimo do doutor Conrad Murray mandar ao Parnaso dos mártires da música popular a Michael Jackson, pero lle receitaba tanto calmante que lle acabou por calmar de máis o corazón. E dáse a circunstancia de que Murray era médico privado a tempo completo para o non-amante de Billie Jean. Así que á aqueles que falan de eliminar por cara a sanidade pública lles podemos reprochar que o que están a defender é a morte do moonwalker, un paso de baile que é patrimonio da Humanidade.


Amigo Félix

“Cuéntame cómo pasó” (La 1, 22:15 horas)

Sociedade 17/11/2011
  Envía a túa opinión

Xa formulamos nesta mesma sección nalgunha ocasión o risco que vive o tecido espacio-temporal da realidade se chega o día no que Antonio Alcántara, o protagonista de “Cuéntame...”, avance no tempo até o momento actual e se descubra a si mesmo vendo a súa serie sobre a España contemporánea na televisión, un dilema semellante ao que contaban as películas de “Regreso al futuro”. Abriríase entón unha fenda na nosa dimensión, o infinito pregaríase sobre si mesmo e toda existencia sería esquecida no baleiro máis absoluto. Mentres progresamos sen remisión cara a apocalipse, o serial de Televisión Española segue queimando etapas para depresión de aqueles, como me acontece a min hoxe, vemos xa reflectidos acontecementos da nosa vida interpretados por Imanol Arias. A idade adulta xa non a marca o pleno desenvolvemento xenital, a universidade, o traballo ou ser pai. Sabes que xa non es un neno cando a familia Alcántara pasea pola túa memoria. 


Pelazo!

“El Hormiguero: Justin Bieber” (Antena 3, 21:30 h.)

Sociedade 16/11/2011
  Envía a túa opinión

Se cremos a Esteban González Pons, o home ao que os españois entregarían o goberno do Estado visita esta noite “El Hormiguero”. Para o responsable de comunicación do Partido Popular, a irremediable vitoria electoral de Mariano Rajoy ficou determinada tralo debate televisado co candidato socialista polas numerosísimas mencións que o aspirante conservador conseguiu na rede social Twitter. Con certa fachenda, fitando ao teleobxectivo da cámara e gustándose como aquel que conta con dicir algo que vai deixar á audiencia pampa, Gonzaléz Pons proclamou -pensando para si, “avós e avoas, ídelo flipar”- que Mariano era trending topic, o cal vén ser como o “tanto tes, tanto vales” da era 2.0. E porén, non é o barbudo ex rexistrador da propiedade de Pontevedra quen animará o programa de Pablo Motos.


A burbulla inmobiliaria xa estaba aí

“Versión Española: El pisito” (La 2, 22 h.)

Sociedade 15/11/2011
  Envía a túa opinión

Se o prezo realmente representase o valor das cousas e non fose un indicador que se pode manexar de xeito arbitrario en función das leis do mercado (e, por enriba delas, pola que rexe todas as actividades relacionadas co diñeiro, a avaricia), entón sen temor a errar poderíamos afirmar que o ser humano considera a vivenda como a posesión máis prezada da súa vida. Até tal punto estimamos o refuxio privado que construímos unha sociedade na que se entende como normal sacrificar uns 25 anos de traballo, os máis louzáns da vida, para sufragar catro paredes nas que vivir con algo máis de comodidade o tempo que nos reste até pagarmos outras catro paredes, que tamén van moi caras e que aínda por riba ofrecen menos posibilidade de realizarnos como decoradores, e que se chaman nichos. Tanto anos loitando pola Bomba H que aniquilase sociedades humanas, e resulta que xa a tiñamos inventada: H de hipoteca. Unha traxedia que dá ganas de rir por non chorar, precisamente algo sobre o que escribía como ninguén Rafael Azcona. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros