Máis de 100 patinadores e patinadoras espéranse este sábado na I Xuntanza Skate Ferrol. Competirán en mangas de 3 minutos, cun máximo de 15 manobras. Entregaránse premios en metálico de 100, 60 e 30 euros para os mellores clasificados na categoria Open, e material deportivo para os menores de 18 anos.
Unha páxina con exercicios de táctica e estratexia de fútbol sala, novidades desta especialidade deportiva e noticias internacionais. Niso consiste a web persoal que presentará a vindeira semana o adestrador Pablo Prieto. O sitio poñeráse de largo o mércores da vindeira semana na Galería Sargadelos de Ferrol.
Os motores comezan a ruxir na localidade de La Vila Joiosa (Alicante). Celébrase alí a primeira proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes 2011. A parella de Fene (A Coruña) formada por Edgar Vigo e Fátima Ameneiro comezará hoxe coas verificacións, mañá xoves cos adestramentos e coa carreira que se iniciará o venres.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou esta mañá, no acto de homenaxe que rendiu a corporación local á atleta Paula Mayobre, o “esforzo e sacrificio constantes” da deportista local, que a levou a ser unha das máis destacadas promesas do atletismo a nivel nacional e incluso internacional, “cunha carreira prometedora, con grandes perspectivas de futuro”. O acto desenvolveuse no salón de plenos do Consistorio, ao que acudiron a maior parte da corporación municipal e integrantes das entidades deportivas do concello, convidadas a esta homenaxe en representación do pobo de Ares.