Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Politólogos, sociólogos ou filósofos participan na obra

Faktoría K publica en galego as claves do Movemento 15-M

Sociedade 16/08/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Movemento 15-M xa ten o seu propio libro. Faktoría K vén de traducir ao galego “A revolta dos indignados: Movemento 15-M, Democracia Real Xa!”, un libro colectivo, publicado anteriormente pola Editorial Popular madrileña, que reúne reflexións e artigos de diversos analistas políticos e sociais arredor deste fenómeno tan actual. Traducida por Ramón Nicolás, a obra reúne as opinións dos profesores de Ciencia Política Carlos Taibo e Juan Carlos Monedero, o sociólogo Josep María Antentas, a activista Esther Vivas, o filósofo Antoni Domènech ou o historiador Iván Giménez Chueca. As súas respectivas achegas explican as claves do movemento, a súa xénese e os obxectivos que persegue, e reflicten o descontento xeral motivado pola difícil situación económica, política e laboral, criticando a indefensión da cidadanía e facendo un chamamento á concienciación e ao compromiso ante a necesidade de “construír entre todos unha sociedade mellor”.


Nación Reixa foi un dos proxectos de Antón Reixa

Antón Reixa, un artista máis aló d´Os Resentidos

Cultura 15/08/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Membro do grupo poético Rompente, director de cine, poeta, compositor de varios dos hits de Siniestro Total e líder dunha das bandas máis representativas da Movida de Vigo, Os Resentidos. Antón Reixa bifurcou a súa carreira musical xunto aos Resentidos xa en 1986, tras a saída á rúa dun dos traballos máis recoñecidos da nosa música Fai un sol de carallo. Reixa asociase entón a outro dos artistas vigueses máis prolíficos, Julián Hernández. Xuntos editan a “opereta multimedia”: After shave.


Camille Jourdy debuxou o cartel deste 2011

Viñetas desde o Atlántico convida a “Valentina”, icona erótica do cómic dos anos 60

Cultura 08/08/2011
  Envía a túa opinión

A XIV edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico arrinca esta mesma tarde na Coruña, cun cartel deseñado pola debuxante francesa Camille Jourdy, a convidada na edición do pasado 2010, e cun repaso pola evolución da historieta española ao longo dos anos de vida do festival. Nesta edición, no Palacio Municipal poderase visitar a antoloxía de “Valentina”, icona erótica dos anos 60, de Guido Crepax; no Kiosco Alfonso as mostras de Altarriba-Kim, Guarnido-Canales, David Rubín, Jordi Lafebre e Pere Joan. O Palexco será o escenario dos máis pequenos xa que as exposicións están protagonizadas polos pitufos, os superheroes e tamén “Viaxe con nós!”, que repasa a obra de seis autores que durante a década contribuíron a revolucionar a historieta estatal. Os premios Castelao terán o seu oco na Casa Salvador de Madariaga e o Aquarium Finisterrae cede espazo aos piratas no cómic.


Cartel do Son Rías Baixas

Troula na Banda convídanos ao Son Rías Baixas

Cultura 02/08/2011
  Envía a túa opinión

Tres días de música, gastronomía e praia, iso é o que nos ofrece a Asociación Troula Banda de Bueu coa celebración do Festival Son Rías Baixas. Unha cita que arrinca o xoves neste concello do Morrazo para prolongarse ata o sábado, día 6. Instalacións melloradas, o recentemente inaugurado Espazo Multiusos da Estacada, e novas iniciativas que apoian a sustentabilidade marcan unha edición na que actuarán grupos consolidados como Albert Pla, Sidonie, Betagarri, Los Coronas e Arizona Baby ou La Pulquería; xunto a outros emerxentes como Dr. Zaius, Txarango, Fainoti, Stay e Asstrio. Todos eles repartiranse entre o venres e o sábado, e o xoves a benvida celebrarase no Aturuxo e correrá a cargo de A Tarantela Rabuda e a sesión musical de Chema Rei, un clásico do evento.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros