Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Un minuto para cambiar a vida

“Uno para ganar” (Cuatro, 22 h.)

Sociedade 14/11/2011
  Envía a túa opinión

Ninguén dixo que a televisión de entretemento tivese que reflexionar sobre a finitude, sobre o esmorecemento irremediable da carne e, porén, aí están tamén os programas creados para facernos esquecer ironicamente recordándonos a todo momento que habemos cesar, mesturando xolda e morte como as danzas macabras. Algúns achégannos á intuición do final dende unha visión ampla: hai tanta trangallada mala na pantalla que, inevitablemente, cando saltan os anuncios tes que reflexionar verbo de en que estás a investir o tempo que che foi concedido en vida. E outras veces, como a que nos ocupa, a contabilidade do paso inexorable do tempo é o sentido mesmo do show.


O 11-11-11 produce milagres

“Gala: Una noche única” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 11/11/2011
  Envía a túa opinión

Hai unha certa tolemia arredor desta xornada, ese trabalinguas chamado “ooncedooncedoonce”, un entusiasmo que non comparto. Alguén comentou que, agás que sexamos da caste de Matusalém, non volverá haber na nosa vida outra data binaria, exclusivamente feita de uns ou ceros. E invadiume a tristeza, como cando pensas no cometa Halley, ese que vén de visita menos que os primos de Madrid, só unha vez cada 72 anos, e que, o máis probable é que, se non estiveches atento cando che tocaba, xa o perderas para sempre. Iso si é un tren que pasa unha soa vez e non os de Renfe que, malia que tarde, teñen mellor frecuencia. Case tan famosa ou máis que a empresa ferroviaria é a Organización Nacional de Cegos que hoxe fai unha festa da que tampouco participo porque a miña memoria e o meu tempo libre cada vez son máis pequenos e non teño cupón para o sorteo multimillonario desta noite.


Love, exciting and new

“El Barco” (Antena 3, 22:30 h.)

Sociedade 10/11/2011
  Envía a túa opinión

Se a miña memoria bíblica non mente (xa saben, ese conxunto de coñecemento adquiridos por unha educación católico-sentimental, a mesma que permite lembrar parábolas e pasaxes enteiros da misa: “tomou o pan, partiuno e pasoullo aos seus discípulos dicindo: comede e bebede todos del”), esa mesma memoria dime que cando pasou o diluvio universal e un macho e unha femia de cada especie na Terra se deron un bico de celebración, Noé, capitán de navío, soubo que a furia de Deus volvía ao seu rego cando apareceu unha pomba portando unha pola de oliveira no bico, símbolo de que había terra firme á vista e cesara o diluvio. Así como o supervivente da Biblia tiña afección pola colombofilia, Cristóbal Colón contaba con Rodrigo de Triana, para que lle berrase dende o alto do trabe maior que aló ao fondo estaban as Indias, ou as Américas, que para o caso tanto tivo. E agora, en “El Barco” de Antena 3, para igual tarefa de anunciar que hai porto de refuxio, contan co parrulo Manolito. 


María Casado conduce o monovolume dos debates

“El gran debate” (La 1, 22:10 h.)

Institucional 09/11/2011
  Envía a túa opinión

Por entusiasmo que non quede. Hai algo de pánfilo e tamén de tenro en chamarlle “El gran debate” a un espazo de debate electoral que: 1) a maioría da audiencia nin sequera sabe que se vai celebrar; 2) só emite unha cadea e non catro como o do pasado luns; e 3) non merecerá nin a centésima parte de análises e valoracións que o acareo entre Rubalcaba e Rajoy. E porén, con ese nome preséntase o espazo especial informativo que a televisión pública estatal organizou para esta noite e que máis e mellor representa a realidade das cámaras de representación democrática. Mais ao igual que acontece en tantas sagas cinematográficas, de “O Padriño” a “Star Wars”, por moita máis chicha que teña a segunda entrega, segue a ser a primeira a que leva o nome orixinal e o recoñecemento popular. Así que o mundo decidiu que debate xa o houbo e isto é pouco menos que unha edición especial de “59 segundos” con políticos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros