Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Unha das edificacións de Fraga Mandián en Paderne (Fotografia: Xornal de Galicia)

Defender o galego non é unha inxuria

Cultura 22/07/2011
  Envía a túa opinión

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia arquivou unha querela por inxurias e calumnias que o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, presentou contra o portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich. Os maxistrados consideran que o deputado non cometeu ningún delito cando arremeteu contra Fraga Mandián por denunciar á Mesa pola Normalización Lingüística, asegurando que "se alía con sectores extremistas" para " criminalizar" a defensa do galego. O alto tribunal descarta a comisión dun delito de inxurias.


Siniestro Total e o Taller Atlántico Contemporáneo actúan esta noite no Festival Via Stellae

Julián Hernández: “En forma de suite sinfónica algúns dos temas de Siniestro Total soan máis punk”

Sociedade 15/07/2011
  Envía a túa opinión

Land of Opportunity, “terra da oportunidade”, é o nome co que Siniestro Total titularon o seu último e máis sorprendente proxecto. Facéndolle unha chiscadela ao slogan co que Manuel Fraga tentara promocionar Galicia no Xapón, a banda seminal do rock galego recolle a proposta do Taller Atlántico Contemporáneo, que decidiu achegar a música sinfónica á cultura pop e non ao revés, como adoita acontecer. 


Fala Ceibe reclama que os institutos estean obrigados a ofertar a materia de lingua galega

Alumnos do Bierzo denuncian trabas para estudar galego

Sociedade 03/07/2011
  Envía a túa opinión

O Colectivo Cultural Fala Ceibe do Bierzo está a recibir denuncias de pais, nais e alumnado sobre coaccións para que non se pida a materia de lingua galega nos institutos de secundaria. Aseguran que algúns funcionarios tratan de desinformar e confundir aos posibles interesados, asegurándolles que a aprendizaxe do idioma resulta difícil, que o seu estudo provoca confusión co castelán ou que o programa de galego está a piques de desaparecer.


Portada de “Nautilius”

Unha ollada ao rock progresivo dos 90 con Kozmic Muffin

Cultura 03/07/2011
  Envía a túa opinión

Kozmic Muffin fórmase a comezo dos noventa con Pedro Granell, guitarra e voz, como cabeza pensante. A el súmanselle Enrique Otero nos teclados, Pablo Rega á guitarra, Javier Vaamonde no baixo e Patxi Valera á batería. Cos pousos psicodélicos dos Eskizos, anterior banda de Pedro Granell, a influencia do rock progresivo de Pink Floyd ou Van der Graaf Generator e os aires de rock experimental da Velvet Underground, Kosmic Muffin editan en 1994 o seu primeiro longa duración da man do selo discográfico MAN, Nautilius. O traballo gravado nunha vila da Costa da Morte ábrese con “Andrew”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros