Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Vós si que valedes

“Tú sí que vales” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 08/11/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Cando os profesionais do teatro, da danza ou da ópera choren por aí dicindo que non lles vai público ás funcións, que o seu é unha arte incomprendida, que non teñen apoio suficiente e todo o resto de laios comúns, non amosen piedade. O inapelable criterio da audiencia resolve que o problema foi deles cando optaron por un xénero minoritario das artes escénicas. Así como o poeta sabe que é imposible aspirar ao éxito millonario dun novelista súpervendas de ficción histórica, e o músico de free-jazz non se permite soñar cos neóns fulgurantes que anuncian os concertos dos Jonas Brothers, non teñen dereito actores, bailaríns e sopranos a chamarse a engano. Se querían popularidade, tiñan que ter optado polo único xénero escénico que deu o salto con garantías dende os teatros de aforo limitado ao maior escenario do mundo, que é a televisión. Ese xénero chámase “variedades”.


Isto mesmo, pero con guión

“Debate Rubalcaba – Rajoy” (La 1, Antena 3, Cuatro, La Sexta; 21:35 h.)

Institucional 07/11/2011
  Envía a túa opinión

Terrible o paradoxo presentado a ollos dunha audiencia que, activada pola forte maquinaria propagandística, se presume millonaria. Perante o debate electoral desta noite cabe sentir certa vergoña democrática pola infame contradición, mesmo con papeis cambiados, entre fondo e forma. A forma, que é o debate en si mesmo, vístese de excepcionalidade, de ocasión única, de espectáculo de pago como o combate Tyson-Holifield da televisión norteamericana, cando o enfrontamento público de ideas de dous aspirante ao Goberno debera ser pouco menos que unha obriga normal vixiada pola lei electoral. Pola outra banda, o fondo, do que cabería agardar a diferenza, o matiz, a idea e a palabra nova, o argumento que convenza, preséntase como todo o contrario, como un discurso de campaña unha e mil veces ensaiado perante o equipo de telexenia do partido. Ninguén agarda a verdade dos monólogos presentados en forma de diálogo, dos discursos pulidos de calquera aresta que puidese facer perder unha décima de intención de voto a risco de seren máis honestos. Se Cicerón erguese a cabeza... 


Un arquipélago

“Supernanny / Cine: Un niño grande” (Cuatro, 21:30 h. / La 1, 23:35 h.)

Sociedade 04/11/2011
  Envía a túa opinión

“Ningún home é unha illa”, afirmou o crego e poeta británico John Donne antes de resolver que cando as campás soan estano a facer por nós. Entendamos xa que logo que o ser humano é máis ben un arquipélago, unha relación de illas, cos seus momentos de tensión como en El Hierro, e con outros de gozo, como nas Illas Maldivas, sorbendo daiquiris a carón de augas de cor turquesa. Entre os penedos flotantes dese arquipélago vital están os fillos, pequenos redutos de terra capaces de axitarnos a placas tectónicas. Na semana na que veu ao mundo o habitante 7.000 millóns do planeta, a noite televisiva do venres ofrece diferentes reflexións sobre a necesidade da paternidade.


Falsifica que algo queda

“Cine: Los Falsificadores” (La 2, 22 h.)

Cultura 03/11/2011
  Envía a túa opinión

Dun tempo a esta parte, os informativos manexan temas tan abstractos, que, no caso da televisión, non hai con que ilustralos. Con que imaxe se representan entón a prima de risco, o déficit, a hipoteca subprime, os bonos de bédeba? O editor imaxinativo neses casos tira de recursos: por aquí o parqué bursátil, por alá unha panorámica dunha rúa comercial, veña uns inmobles postos á venda, e tamén fachadas de bancos... Pero se hai un plano que está a causar furor nos telexornais durante a crise, ese é o das pranchas das fábricas de moeda que, a velocidade de vertixe, producen euros e máis euros, desfilando perante os nosos ollos en apenas catro segundos máis cartos xuntos dos que posiblemente poidamos xuntar en varios anos de traballo. E vendo esa reprodución mecánica que continúa malia a crise un pensa se non será certo que, por moito que disparemos a inflación, “a mellor maneira de gañar diñeiro é fabricar diñeiro”. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros