Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Marta e Jose (Strazz) nos estudios de Radiofusión

Os coruñeses Strazz confirman que sobrevivir no mundo da música é cousa de “Héroes”

Cultura 30/06/2011
  Envía a túa opinión

“Móstrate tal cal es que sempre encontrarás e entenderás que non estamos sós neste mundo... Atrévete a voar e atoparás a felicidade”. Esta é a mensaxe que o dúo coruñés Strazz, formado por Marta Prieto e Jose Rojas, pretende transmitir con “Entenderás”, o novo single do seu segundo disco, Héroes. Unha canción cargada de enerxía e ritmo pop, coa que renden tributo ao mundo LGBT, que esta semana celebra o Día do Orgullo. Strazz actuou nos actos de conmemoración desta data a pasada fin de semana en Cataluña e na madrugada deste venres, 1 de xullo, presentará en Madrid o remix que fixo Dj Suri da canción “Héroes”.


Portada de “SF 13 Tractor Cerebral”

O servizo militar, a “alimaña” de Los Cafres

Cultura 26/06/2011
  Envía a túa opinión

Situámonos no Vigo de comezo dos anos 80, cando catro rapaces que naceran cos mellores sons dos 60 e 70, medraran escoitando a Deep Purple, os Stones, Leño ou Led Zeppelin e maduraron berrando o “Sex, drugs and Rock´n´roll”, deciden montar a súa propia banda impulsados pola ebulición creativa da cidade olívica que viña da man de Siniestro Total, Aerolíneas Federales ou Os Resentidos. Tras cumprir, con poucas ganas, co servizo militar, a finais de 1983 Antonio Amblés á voz, Billy Domínguez na batería, Carlos Barreiro no baixo e Pablo Ramallo forman Los Cafres.


Portada de “Lois Pereiro. Unha persecución”

Mario Regueira persegue a Lois Pereiro

Cultura 24/06/2011
  Envía a túa opinión

O “diario dunha persecución”, isto é o que nos ofrece o escritor ferrolán Mario Regueira na súa nova obra, Lois Pereiro. Unha persecución, a súa particular homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas. Regueira asegura que este libro, a camiño entre a narración e o ensaio, e con pinceladas de banda deseñada; é o resultado dun reto que lle formulou un amigo, gran fan tamén de Pereiro. Está publicado por 2.0 Editora e nel o autor persegue a Lois, a quen relaciona coa súa propia experiencia vital e ao que sabe que nunca vai alcanzar.


Aline Frazão e César Herranz son A minha embala

A angolana Aline Frazão e o segoviano César Herranz achéganse a Galicia en “A minha embala”

Cultura 23/06/2011
  Envía a túa opinión

Non fai falla nacer en Galicia nin vivir na nosa terra para facer música en galego. Así o demostran un segoviano, César Herranz, afincado en Cataluña; e a angolana Aline Frazão, que vén de mudar Madrid polo noso país. Ambos coñecéronse en Barcelona e xuntos deron forma ao proxecto musical A minha embala. Unha formación que vén de publicar de balde e baixo licenza creative commons o seu primeiro disco homónimo, o premio tras gañar o pasado ano coa revisión de “Maria Silêncio” o certame “Musicando a Carvalho Calero,” organizado pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e Komunikando.net.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros