Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ao César, o que é do César

“El líder de la manada” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 02/11/2011
  Envía a túa opinión

Hai anos, cando comezaron estes comentarios que pouco din da televisión, pero menos aínda de outras cousas, aproveitei para renderlle tributo ao meu defunto canciño, Zas, un yorkshire terrier, fervellasverzas peludo e cánido punk. Lémbroo hoxe que volve á pantalla o mexicano César Millán, gurú do mundo da mascota e promotor dunha sorte de feng-shui e prácticas new-age para a domesticación de cadelos. Di o encantador que os animais reciben as vibracións dos seus donos e que se saen rabudos é porque os seus donos os estresan. Eu teño fama de apoucado, así que todo o nervio dese ácrata de catro patas, que ora se pelexaba con mastíns, ora fuxía da correa, ora descargaba o seu frenesí sexual contra a perna relaxada dalgún despistado, tiña que estar nunha natureza salvaxe e antisistema. César Millán, dende aquí cho digo: “Aí queríate ver eu”.


Ben Hur cambiara a cuádriga polo tanque

“Comando Actualidad: Jugar con fuego” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 02/11/2011
  Envía a túa opinión

A Premier ten o Arsenal, e o fútbol español tiña ao equipo armeiro, o Éibar. Sorte para o fútbol galego da Segunda División que aquel estadio mítico no que ir xogar equivalía a ir loitar a Lepanto, o campo de Ipurua, é arestora recinto de Segunda B. Non cabía outro espírito que o combativo para un conxunto, o eibarrés, nado á sombra das fábricas de escopetas de caza de máis sona, as mesmas que dende a vaqueira Texas encargaba George Bush para exercer o seu sacrosanto dereito a empuñar a carabina e, en tempos de Declaración de Dereitos Humanos, impartir a xustiza segundo a Lei de Talión que no Far West reinventaron cun revólver na cartucheira. E aínda que hoxe imaxinemos sempre a Ben Hur limpando un winchester, España ten o seu propio Charlton Heston, un presidente da Asociación Nacional do Arma, que atende por Jesús.


Aquí cheira a morto

“Cine. El sexto sentido” (La 1, 23:35 h.)

Sociedade 28/10/2011
  Envía a túa opinión

Fina ironía a dos programadores de Televisión Española que decidiron inaugurar a ponte de Defuntos televisiva escollendo o filme que legou para a fraseoloxía dunha historia do cine a confesión reveladora dun raparigo: “Ás veces vexo mortos”. Así como nas películas de zombis prodúcese un desfile de non mortos en toda a súa vomitiva putrefacción, “El sexto sentido” é un paseo de non vivos espectrais que se deixan ver con calculado ritmo para sobresaltar ao espectador incauto, levalo ao infarto e convidalo a pasar do máis acó ao máis aló con eles. E todo isto mentres desentrañamos o misterio de cal é a pantasma que nos resta por descubrir nesa danza macabra tan tenra como deprimente.


Rite ti de Hulk Hogan

“Cine: El luchador” (La Sexta, 00:30 h.)

Cultura 27/10/2011
  Envía a túa opinión

Hai todo un debate universal arredor das engurras de expresión, pero un debate serio e con consecuencias, non unha destas chácharas intranscendentes. Do resultado dese conflito dependen os miles de millóns de euros que move a industria cosmética, a mesma que traballa para que sexamos os cadáveres co cute máis lustroso do camposanto, momias andantes con pel de cu de naipelo. É unha teoría moi estendida que a Preysler ten unha epiderme inmaculada porque se conduce pola vida con circunspección de esfinxe, como se o segredo da eterna mocidade residise na total indiferenza polos asuntos mundanos. Mentres, outros avellentamos, labramos regos arredor dos ollos e do nariz e dos beizos porque pasamos o día rindo, ou chorando ou facendo acenos. E despois, mais aló do ben e do mal en materia de engurras, está Mickey Rourke. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros