Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Aline Frazão e César Herranz son A minha embala

A angolana Aline Frazão e o segoviano César Herranz achéganse a Galicia en “A minha embala”

Cultura 23/06/2011
  Envía a túa opinión

Non fai falla nacer en Galicia nin vivir na nosa terra para facer música en galego. Así o demostran un segoviano, César Herranz, afincado en Cataluña; e a angolana Aline Frazão, que vén de mudar Madrid polo noso país. Ambos coñecéronse en Barcelona e xuntos deron forma ao proxecto musical A minha embala. Unha formación que vén de publicar de balde e baixo licenza creative commons o seu primeiro disco homónimo, o premio tras gañar o pasado ano coa revisión de “Maria Silêncio” o certame “Musicando a Carvalho Calero,” organizado pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e Komunikando.net.


Carmen Becerra

Carmen Becerra clausura o LITVI 2011 cunha charla sobre a catedral na obra de Torrente Ballester

Cultura 22/06/2011
  Envía a túa opinión

A partires das 20:00 horas, na Fundación Torrente Ballester da rúa do Vilar de Compostela, a investigadora e profesora galega Carmen Becerra falará acerca de “A Catedral de Santiago na obra de Torrente Ballester”. Becerra é Patroa vitalicia e Directora cultural da entidade que estuda o escritor nado en Ferrol. Presentará a súa intervencióna tamén profesora Margarita Santos.


Portada de “Talabarte”

Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García únense en “Talabarte”

Cultura 21/06/2011
  Envía a túa opinión

Tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violinista Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeonista Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixista Kin García (Susana Seivane) veñen de dar a coñecer o seu novo proxecto conxunto, Talabarte. Nome da formación, pero tamén do seu primeiro disco homónimo que vén de saír á venda en formato físico e dixital, editado por Fol Música. Un novo concepto de banda en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.


A banda folk Liorna

Liorna recupera o son dos seus inicios en “Sarahyba”

Cultura 17/06/2011
  Envía a túa opinión

Con 15 anos de traxectoria ás súas costas, a banda folk marinense Liorna decidiu que este era un bo ano para editar o seu cuarto álbum, Sarahyba, publicado novamente por Edicións do Cumio. Un disco con dez temas, nos que a formación volve ás súas orixes, ao son co que se deu a coñecer alá polo 1996. Por primeira vez nun traballo seu, recollen unha peza tradicional, mentres que o resto son composicións propias, entre elas, dúas interpretadas ao vivo no espectáculo Gallaecia, acompañados pola Orquestra Sinfónica de Melide e das pandeireiras da Agrupación Trompos aos Pés.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros