Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Case famosos

“Tu cara me suena” (Antena 3, 22:30 h.)

Sociedade 26/10/2011
  Envía a túa opinión

Coidado co orgullo. É, das paixóns humanas, unha das que máis nos aproxima ao patetismo. Manifestacións mal entendidas do orgullo hai tantas que abondarían para confeccionar un cumprido catálogo da vergoña allea. Por orgullo fanse as cousas máis singulares: deixar de falar, darse puñadas no peito en sinal de compromiso, bicar con castidade patriótica un pendo colmado de babas alleas, manter a compostura mesmo despois de esnafrarse contra o chan e, para min unha das máis incomprensibles, festexar os logros dos nosos rapaces en público como se conseguísemos que o cadelo nos fose buscar o xornal e as zapatillas. España é un país que produce nais orgullosas de tonadilleras en miniatura así como outros producen coches ou armas. Produce tamén famosos de medio pelo que se oufanan de selo. Estes dous últimos fenómenos mesturados producen o orgullo show “Tu cara me suena”.


O conto de nunca acabar

“Destino España: Galicia” (La 1, 23:55 h.)

Sociedade 25/10/2011
  Envía a túa opinión


Que será de nós agora que ficamos sen imán? Porque iso mesmo, un foco de atracción magnética ía ser para as visitas foráneas a Cidade da Cultura de Galicia, prometeron os políticos cando decidiron comprometer a construción do xigantesco edificio de Santiago co diñeiro que pensábamos ter e resulta que agora non temos. Para ser fieis á verdade, hai que dicir que temos xa medio Gaiás edificado e que só nos desprendemos polo de agora, segundo anunciou o presidente da Xunta, do lastre que supón a outra metade. Así que con só medio imán en pé, cabe pensar que todos os estranxeiros que se ían achegar até aquí ficarán a metade de camiño, mais ou menos á altura do Guggenheim de Bilbao, a onde xa ían antes de que decidísemos entrar en rivalidade megalomaníaca. E con todo, hóuboos que se atreveron a vir até acó sen edificio de Eisenman e mesmo ficaron.


A televisión nos tempos do Tuenti

“Frikiliks” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 24/10/2011
  Envía a túa opinión

Compadezámonos da televisión, até onte primeira bailarina do ballet mediático, hoxe veterana que segue zoupona os pasos da novata que -non hai máis que atender á reacción do público menos acomodado- ha tardar pouco tempo, o que dura unha veloz alfabetización dixital, en roubarlle o posto de prima donna. Todo era felicidade nos tempos da ditadura catódica, cando á televisión a adoraban por millóns e cada día incorporaba audiencia da prensa e da radio. Funcionaba daquela un círculo virtuoso que acabou por converterse en vicioso no que a pantalla era un universo endogámico capaz de prescindir do mundo real. Como prognosticou “O Show de Truman”, chegaríamos a naturalizar que a nosa vida fose un set de televisión, coa iluminación e a maquillaxe embelecendo e facendo hiperreal o real. Asusta repasar canto tempo da programación da televisión consiste exclusivamente en referenciar outra programación da televisión, un terrible soliloquio no que o electrodoméstico rei só fala de si mesmo. E entón chegou internet. 


Eloxio do flashback

“BuenAgente” (La Sexta, 21:30 h.)

Sociedade 21/10/2011
  Envía a túa opinión

Case sempre nolo presentan da mesma maneira. Escoitamos o son dunha arpa, vemos un primeiro plano do protagonista, este eleva as pálpebras e entorna os ollos, e a cámara ascende cara o ceo mentres se realiza un fundido. E así, pola maxia da narrativa audiovisual, podemos viaxar no tempo cara o pasado, un sitio que na ficción ten unha morea de visitas dos guionistas: todos os que atopan no flashback un recurso case sempre doado para cativar ao espectador. Explicar os acontecementos do presente facendo turismo cara un momento pretérito é unha técnica que no mundo das pantallas traza unha fascinante liña de progreso -ou se cadra, dexeneración- partindo do “Rashomon” de Kurosawa, pasando por “Colega, ¿dónde está mi coche?” de Ashton Kutcher, e rematando esta noite nun capítulo da serie “BuenAgente”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros