Unha nova edición da Carreira Popular Volta á Ría “Memorial Adolfo Ros” presentouse esta mañá en Ferrol. A carreira celebrarase o domingo 12 de decembro con saída e meta en Ferrol.Ata o 9 de decembro poden inscribirse os atletas nesta proba de 21 kilómetros. O alcalde de Ferrol presidiu a reunión á que asistiron os alcaldes e concelleiros de deportes dos municipios organizadores: Fene, Neda, Narón e Ferrol.
O Lamela marcou 1 gol no minuto 49 da segunda parte que lle serviu para lograr o empate e levarse 1 punto da súa visita ao campo dos Pinares. Ao remate Perlío 1 - Lamela 1, reparto de puntos no encontro da 12 xornada da Primeira Autonómica de fútbol.
O Perlío abre a era Gonzalo. As 4,15 desta tarde recibe no campo dos Pinares ao Lamela de Silleda. Fai falla comezar a sumar de 3 en 3 puntos, segundo o novo adestrador Gonzalo Beceiro. Nas 11 xornadas disputadas da Primeira Autonómica de fútbol, o club de Fene sumou 10 puntos.
Na Segunda Autonómica o Maniños recibe no Pote ao Aspirantes. O Barallobre visita ao Cedeira. Os dous partidos xóganse o domingo ás catro e cuarto da tarde. En encontro adiantado á xornada do domingo, ás 4,15 da tarde do sábado o Cariño recibe no seu campo ao Rápido de Neda.