Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A banda folk Liorna

Liorna recupera o son dos seus inicios en “Sarahyba”

Cultura 17/06/2011
  Envía a túa opinión

Con 15 anos de traxectoria ás súas costas, a banda folk marinense Liorna decidiu que este era un bo ano para editar o seu cuarto álbum, Sarahyba, publicado novamente por Edicións do Cumio. Un disco con dez temas, nos que a formación volve ás súas orixes, ao son co que se deu a coñecer alá polo 1996. Por primeira vez nun traballo seu, recollen unha peza tradicional, mentres que o resto son composicións propias, entre elas, dúas interpretadas ao vivo no espectáculo Gallaecia, acompañados pola Orquestra Sinfónica de Melide e das pandeireiras da Agrupación Trompos aos Pés.


Anxo Fariña na recollida do Premio Merlín

Anxo Fariña recorre á busca dun mesmo para atopar a Atlántida

Cultura 16/06/2011
  Envía a túa opinión

O xurado da XXVI edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, vén de elixir ao escritor e ilustrador vigués Anxo Fariña como gañador do galardón grazas á obra A chave da Atlántida. Unha novela que mestura dúas historias, por unha banda, a busca da mítica illa, o continente perdido, asolagado, esa civilización antiga superior que o autor sitúa preto das Illas Cíes; por outra banda, a procura que realiza de si mesmo o primeiro ser humano artificial e adolescente, A-cero, un organismo sintético de silicio capaz de amosar curiosidade polos sentimentos humanos.


Héctor Carré recollendo o Xerais de Literatura Xuvenil

Héctor Carré trasládanos á época do volframio cunha heroína propia dun western

Cultura 15/06/2011
  Envía a túa opinión

O escritor coruñés Héctor Carré vén de converterse no gañador da V edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros, grazas á obra Febre. A novela relata un episodio, localizado na vila de Noia na década dos 40, época da “febre” do volframio, o ouro negro extraido de forma clandestina, xusto despois da Guerra Civil e en plena II Guerra Mundial. Os mineiros furtivos, homes e mulleres da comarca do Barbanza, xuntábanse na montaña para ir sacando gramo a gramo este prezado metal que despois, a través de intermediarios, sería vendido aos alemáns e tamén aos ingleses, que incluso o pagaban máis caro para que os seus contrincantes na contenda bélica non o puidesen conseguir. E aí, na mina de extracción a ceo aberto, aparece unha mañá no seu cabalo a protagonista da obra, Carmucha, unha moza de 17 anos, de familia acomodada, cun carácter forte e rebelde que a leva a non amedrentarse ante nada nin ante ninguén.


Xavier Queipo recollendo o Xerais de Novela

Xavier Queipo homenaxea o fogar materno cunha “viaxe de alucinados”

Cultura 15/06/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O escritor galego Xavier Queipo, aínda que nacido en Compostela, ten parte das súas raíces en Padrón. En concreto, súa nai veu ao mundo no lugar de Extramunde e, é por isto, que o narrador decidiu titular así a obra coa que vén de gañar a XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros. “Extramunde é unha novela de aventuras, onde unha pléiade de personaxes alucinados embarcan nunha viaxe a bordo dunha nave de tolo. Mais non é só iso, senón unha reflexión sobre o papel esmagador da ideoloxía oficial, a represión das minorías, o poder omnímodo da igrexa, a exploración do mundo e a procura da liberdade”, segundo asegura o propio Queipo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros