Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Bicos de pitiminí

“Alien vs Predator” (La Sexta, 22:25 h.)

Cultura 20/10/2011
  Envía a túa opinión

Alien contra Pedrator. Ímolo dicir unha vez máis: Alien contra Predator. E mesmo dunha terceira volta, se é preciso: Alien contra Predator. Se por min fose, este comentario sobre a programación televisiva remataba aquí mesmo. Mais como ¿me pagan? por un número de liñas máis amplo, haberá que elaborar sobre unha cuestión na que, realmente, gastar o cuspe é unha exhibición de redundancia. Porque, falando claro, hai alguén que, para mal ou para ben, precise máis desas tres palabras para sabelo todo sobre a longametraxe que vai emitir La Sexta esta noite? A orxía desenfreada de tolemia asasina entre dous dos monstros máis famosos da historia do cine está aí. O puro absurdo e inane historia que xustifique a función tamén consta. Por iso estamos se cadra ante o título máis perfecto da historia da sétima arte: teaser, trailer, sinopse, spoiler e obra ao completo concentrados nos dous segundos que se tarda en pronuncialo.


Carismáticos

“59 segundos” (La 1, 00:15 h.)

Sociedade 19/10/2011
  Envía a túa opinión

“Para que serven os debates electorais?” é a pregunta que lanza esta noite “59 segundos”, o cal é para deixar a un pampo. É como se o faladoiro de xornalistas e políticos estivese a lanzar un berro de axuda desesperado porque se está a cuestionar a súa propia existencia. Só dende a sorna máis absoluta pódese concibir que un espazo de debate político se pregunte pola pertinencia dun debate político, así que este paradoxo semella máis unha enquisa disimulada arredor dun mesmo, como as que fai o namorado cando lle conta ao obxecto do seu desexo que “el non sofre por amor, pero ten un amigo que si e querería saber, blablabla...”. Máis aló da mera hixiene democrática de asistir ao enfrontamento de ideas, o debate entre candidatos semella unha maneira lóxica de tentar obter rédito electoral. E cando se produce entre aspirantes que non van sobrados de carisma, o suceso entra na categoría da pura curiosidade sociolóxica.


O soño do feirante produce piratas

“Piratas del Caribe: en el Fin del Mundo” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 18/10/2011
  Envía a túa opinión

A cousa semella de tolos, pero resulta que case constitúe un xénero por si mesma. Polo visto, en Disneyworld hai unha atracción de feira inspirada nos filmes clásicos de piratas, unha desas montañas rusas que por momentos, entre sacudida e reviravolta, che demostran que boca e intestinos son vasos comunicantes. Pois logo de dar voltas nese carrusel, algún produtor imaxinou unha saga de aventuras de corsarios e, non só iso, senón tamén unha maxestosa produción cinematográfica que habería rebentar as billeteiras do planeta. O sustento parece estúpido pero, aí o teñen, miles de millóns de dólares e unha icona do cine creada na figura do capitán Jack Sparrow.


Spoiler alert: acaba mal, mal

“El Taquillazo: Titanic” (La Sexta, 22:25 h.)

Sociedade 17/10/2011
  Envía a túa opinión

A xente rise dos góticos, persoas que se conducen por unha concepción fatalista de vida e matina unha e outra vez na morte. Porén, os que teñen verdadeira devoción por ir de paseo na dorna de Caronte, eses aos que lles fascina o final irremediable, non visten de negro, visten de rosa. Escoitei moitas veces iso de que o sexo é unha experiencia que nos aproxima á morte e que hai unha suspensión da vida no momento do orgasmo, pero para o que non estaba preparado é para a asociación entre romance e extrema unción. Agora resulta que para lexitimar un amor máis grande que a vida, unha das partes contratantes ten que morrer e facer ao outro miserable. Só así, devastado o sobrevivinte, temos unha historia que paga a pena contar, aseguran os que entenden disto. Shakespeare, que algo sabería, decidiu que para permanecer unida a parella, Romeo e Xulieta se intoxicasen unidos e que transcendesen xuntos como os amantes de Teruel, parva ela e parvo el. Pero cando só é un o que morre, oh, gran gozo nos agarda!

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros