Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Streep e Cruise levantan a alfombra da Casa Branca

“Cine: Leones por corderos” (La 1, 22:15 h.)

Cultura 14/10/2011
  Envía a túa opinión

Na crítica contra o cine español, non contra unha longametraxe concreta, senón o cine español como industria e mesmo como concepto, hai un lugar común que todo o mundo coñece: unha de cada dúas longametraxes producidas en España ten que ver, dunha ou doutra maneira, coa Guerra Civil, o máis terrible episodio nacional ata que Mourinho lle quixo colocar a lente de contacto ao segundo adestrador do Barcelona. O guerracivilismo sería un xénero máis como o do far west ou os musicais. Con todo, penso que non debera haber tanta carraxe contra algo que vén demostrar que se cadra a Transición non cauterizou o drama tanto como se pensaba e que hai necesidade de reflexionar mellor sobre o acontecido. Se cadra, o que lle sucede á parte da audiencia amolada pola teimosía no asunto é que demanda o mesmo interese en facer cine de denuncia sobre aspectos máis recentes da política española. Nos Estados Unidos, iso non pasa.


A verdade doe

“Inside job” (Canal +, 22 h.)

Sociedade 13/10/2011
  Envía a túa opinión

Eu non sei se os partidos de fútbol son de interese público como ditou hai anos o Goberno, retardando a inevitable depredación do espectáculo polos titulares dos dereitos televisivos que, con tal de promover o pasmo colectivo dos chineses cun Xetafe-Betis, programan os encontros a horas concibidas para o lecer pequinés e para amargura do afeccionado local, que irá baleirando os estadios paseniño. O que si sei é que o documental “Inside job”, gañador do último premio Oscar na súa categoría, é de interese público, por non dicir de interese humano. Así como un querería que no xuízo por un crime o verdadeiro delincuente confesase a súa culpa para acougo dos que o teñen que xulgar e tranquilidade de conciencia colectiva, así nesta peza audiovisual algúns dos culpables de que hoxe un banco semelle o lugar menos seguro para os nosos cartos tamén confesan a súa acción inmunda: sen ambaxes, sen cargo de conciencia, mesmo con arrogancia. Dínnolo á cara, como agardando a que nós, sentados no sofá, afrouxemos o cinto e deixemos escorregar os pantalóns, dispostos a outra humillación máis, inermes como estamos ante eles. 


Europa xira arredor da noria do Prater

“Españoles en el mundo: Viena” (La 1, 22:30 h.)

Cultura 11/10/2011
  Envía a túa opinión

Eu a Angela Merkel compréndoa. A Sarkozy, xa menos, porque o seu cativo imperio linda co Mediterráneo e Francia, mal que lle pese, tamén pode ser Sur. Pero á Merkel enténdolle o aceno amolado, como de cuñada que o tiña todo listo para saír de festa cando chegan os parentes pobres e lle estragan a noite do sábado pedíndolle que coide aos tres sobriños pequenos, Grecia, Portugal e España. “Non vai ser todos os días festa e Europa non somos todos”, pensará dende o Bundestag. E abofé que non. Se existe unha imaxe dun tempo de gloria pretérita, de concentración do talento e a beleza, con certo aire de supremacía snob, debe de estar en Centroeuropa, nalgún recanto do vello imperio austrohúngaro, seguindo o curso do Danubio e parando en Viena. As miserias dunha aventura, a Unión Europea, dinamitada polos mercados, parecen menos penas dende unha das cabinas da noria do Prater.


Paranoia cun pé no outro barrio

“Cine: Despierto” (Antena 3, 22:30 h.)

Sociedade 10/10/2011
  Envía a túa opinión

Neste Día Mundial da Saúde Mental, nada mellor que falarmos dos males que poden intoxicar os nosos miolos. Entre os máis coñecidos por todos está a paranoia, esa sensación de que todo o mundo tece unha lóbrega confabulación contra a nosa persoa, conspirando entre as sombras por poñernos atrancos no camiño. Para entendérmonos, paranoia é o que pode padecer o Partido Popular cando sostén que Televisión Española traballa co único propósito de afundir as súas esperanzas electorais. E para que nos quede máis claro aínda, se o candidato socialista Alfredo Pérez Rubalcaba vivía agoniado pola posibilidade de que houbese cidadáns que lle queresen mal, a paranoia marchóuselle cando comprobou que non eran artificios do seu cerebro: na caseta do polbo no San Froilán os non adeptos ao Goberno central fartárono a picante de apupos, dese que dificulta a dixestión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros