A asociación AFACO informa de que xa conseguiu un seguro para cubrir aos xogadores Cadetes e Infantís ata o 15 de Setembro, data no que entra en vigor o programa XOGADE da Xunta de Galicia. A desaparición da cota da mutualidade nestas categorías pola entrada do novo programa do deporte galego ocasionou un “baile de datas” co cal os xogadores deixan de estar cuberto ata o 15 de setembro. A cota por xogador neste novo seguro é de 2€, cubrindo a morte en 6.000€ e a invalidez absoluta ou parcial en 12.000€ baremados. A asistencia sanitaria cubrirá gastos ata 6.000€ en centros de libre elección. Cada sociedade debe contratalo de forma individual.
Repítese a historia de David contra Goliat, pero neste caso nunha cancha de fútbol en troques dun escenario bíblico. Galicia de Mugardos e Deportivo B foron emparellados no sorteo previo para medirse na primeira ronda da Copa Deputación que hoxe comeza. O filial deportivista non virá de paseo ata a vila mariñeira, senon que terá que batallar moi duro para sacar a eliminatoria. Cautos e conscentes de que poden dar a badalada atópanse os xogadores do Galicia de Mugardos. Se o Galicia de Mugardos é quen de vencer ao todopoderoso Depor B, enton teríamos derby comarcal xa que se vería as caras ou co Naron ou co As Pontes. Todos prepararon este choque coa máxima intensidade baixo as ordes de German Amil. Comeza o encontro na Pedreira ás sete da tarde.
A aldea de San Bartolomé en Monfero acollerá a primeira edición do Camiñar e Correr. O próximo 21 de Agosto terá lugar esta novedosa iniciativa, que non contará con competición. O máximo de corredores que se poderán inscribir é de 150, de xeito gratuito e antes do día 16. Cada un dos participantes recibirán un agasallo e formarán parte dun sorteo de dúas comidas gratuitas. A andaina terá forma circular cun tramo recorrido de 14 quilómetros.
A terceira división galega queda coxa. A SD Compostela, ou sexa, o Campus Stellae non afrontou as súsa débedas co plantel do ano pasado e onte firmou a súa sentenza de morte. Falamos do seu descenso á preferente norte, xa que segundo indica o regulamento, o equipo que non satisfaga as cantidades económicas que lles adeuda aos seus integrantes quedará adscrito á categoría inmediatamente inferor á que acadara por mérito deportivo. E a SD descendeu á terceira ao rematar na derradeira posición do grupo I de 2ª División B. Agora, ábrese un período de incertidumbre. O propio presidente compostelán, Jose María Caneda, declarou onte aos medios de comunicación que non vai presentar ao equipo en Preferente. Varios clubes esperan para poder obter a súa plaza. O Choco venceu na eliminatoria de terceiros clasificados de Preferente Norte ao Dorneda, pero fontes federativas indican que o seu oco será cuberto polo mellor equipo do grupo Norte, ousexa, o Dorneda, sempre e cando asuma a débeda como establece a nova normativa para estos casos. Subiría o Choco se desaparece e o Dorneda se compite en Preferente, coas consecuencias para as cascadas de descenso.