Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O músico berciano homenaxea ao escritor mindoniense

Amancio Prada: “Sempre sentín os versos de Cunqueiro con música dentro de min”

Sociedade 11/06/2011
  Envía a túa opinión

Cun concerto titulado Camelias para Cunqueiro, Amancio Prada rendeu a súa particular homenaxe ao escritor mindoniense. Subiu ao escenario do Salón Teatro de Compostela -acompañado por Hilary Fielding ao violonchelo e Josete Ordóñez á guitarra e mandola- para interpretar pezas como A dama que ía no branco cabalo ou No sono do cuco novo. O compositor berciano salientou a súa “grande admiración” polo autor. “Desde que descubrín a súa poesía pensei que pedía ser musicada, sempre sentín eses versos con música dentro de min”, explicou en Radiofusión.


Cartel do Rock en Costa

Samesugas, Royalties, L´Uomo di Gomma, The Homens e Redullos despiden o Rock en Costa

Cultura 10/06/2011
  Envía a túa opinión

Despois de dez edicións, o Rock en Costa di adeus neste 2011 cun cartel cen por cen santiagués. A falta de diñeiro e de tempo dos organizadores, membros da Asociación Xurásica, é a causante do peche deste ciclo, segundo explicou en Radiofusión un dos promotores do evento, Martiño. As bandas Samesugas, Royalties, L´uomo di Gomma (que tamén dará o seu derradeiro concerto), The Homens e Redullos (que se reúnen tras cinco anos e só para esta data), vinculadas á Asociación Xurásica, serán as encargadas de poñer música á baixada de pano desta cita anual. O festival, con entrada de balde, está fixado para este sábado no patio do antigo Colexio Ramón Cabanillas, na rúa do Restollal, en Compostela.


Sérgio Tannus acompaña a Uxía na súa nova aventura musical

Uxía homenaxea a súa voz no 25 aniversario da súa andaina musical

Cultura 09/06/2011
  Envía a túa opinión

Meu Canto, este é o título que Uxía elixiu para dar nome ao seu sétimo álbum. Un disco no que a intérprete galega realiza unha relectura dos temas fundamentais do seu repertorio en directo. Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz. En total, 15 cancións que conteñen a palabra canto, porque este disco é unha reflexión sobre o acto de cantar e as emocións que provoca. Os primeiros en gozar deste novo traballo da artista de Mos serán os ourensáns nas Festas Patronais da cidade das Burgas, nas que Uxía actuará o 26 de xuño. Despois, xirará por outros puntos da xeografía galega, estatal e lusa.


Portada de “Thirty Roads”

Moondogs Blues Party abre camiños en “Thirty Roads”

Cultura 08/06/2011
  Envía a túa opinión

 A banda galega de blues e folk americano Moondogs Blues Party vén de publicar o seu segundo disco Thirty Roads (Gaztelupeko Hotsak). Un traballo, gravado con Arturo Vaqueiro e Jahel Piñiro nos Estudios Abrigueiro de Friol, con raíces máis sureñas, e que conta con colaboracións como a de Víctor Aneiros, Vanessa Cernadas e Andrea Louro. O misterio da vida, as frustracións, os momentos de odio, o engano do diaño, o amor, o camiño constante e o fin único dunhas trinta estradas que a cada segundo quedan atrás, conforman o imaxinario dos temas compostos por Javier Prado, líder, vocalista e guitarrista da banda galega.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros