Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Venres de colonias

“El Campamento” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 07/10/2011
  Envía a túa opinión

Os que somos algo tímidos por natureza, se non nos socializan de pequenos logo podemos desenvolver certa tendencia á introspección, a vivir á maneira anacoreta, fermosa palabra, que os xaponeses transformaron en hikikomori, aquel que vive pechado na habitación e ten por única fiestra ao mundo a pantalla do seu ordenador. Para resolver esta carencia, aos nenos se lles manda de campamento ou de colonias, que eu, de máis novo, pensaba que era asaltar a droguería para esparexer o frus-frús como hoxe che fan as tendeiras de Arenal se te collen distraído. Así que, como non fixen convivencias xuvenís, non sería raro que ficase como eremita un venres pola noite na casa para ver na televisión como son outros os que marchan de campamentos.


O poder do djembé

“Cine: The Visitor” (La 2, 22 h.)

Sociedade 06/10/2011
  Envía a túa opinión

Vivimos con eles pero nada sabemos dos inmigrantes. Nin nós, nin tampouco os partidos xenófobos que, cando a crise prolifera, rexorden e volven amosar as miserias da vella e, non branca, senón xa macilenta Europa. Sabemos que traballan arreo no comercio, na venda ambulante ou no restaurante. Cando collo o bus polas mañás estou afeito a velos agardando na estación a que os veñan recoller para ir traballar á obra. Pasando o tempo como o pasan pendentes do sustento, é moito máis estraño atopalos gozando do lecer: lembro perfectamente cando vin a unha familia chinesa xogando na praia, ou cando uns mozos na bancada do Estadio, diante de min, non apoiaban aos equipos, senón exclusivamente ao dianteiro tunisiano que loitaba por marcar gol. No fondo, sabemos tan pouco que mesmo descoñecemos onde viven. La 2 programa unha película que demostra que, realmente, viven onde poden. 


Nobreza obriga

“Comando Actualidad: Zona noble” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 05/10/2011
  Envía a túa opinión

Un día haberá que explicalo á maneira dunha fórmula matemática: unha persoa depositada nun punto calquera da Península Ibérica ao mirar arredor de si aumenta exponencialmente as posibilidades de pousar a mirada sobre un predio ou inmoble propiedade do Ducado de Alba. E é que se hai alguén que poida andar quente malia o que se ría a xente, esa é a casadeira Cayetana de Alba, cando se escoiten estas palabras xa señora de Alfonso Díez, un home que, como funcionario de carreira, a estes pasos e en poucos anos representará tamén un vestixio dunha España que xa non existe, ao igual que a das casas de nobreza. A Duquesa é se cadra a maior terratenente que coñezamos, se exceptuamos as fincas dos polígonos nos que Amancio Ortega empraza as naves de Inditex. Pero manter o patrimonio dun rico, por estraño que pareza, pode conducir á pobreza.


O luxo no tempo das subprimes

“Gran Hotel” (Antena 3, 22:30 h.)

Cultura 04/10/2011
  Envía a túa opinión

Que un quere o que non ten é moito máis que unha frase feita: sen esaxerar é mesmamente o axioma sobre o que se edificou o capitalismo, e veña cobiza, e mira para o Ibex 35 que dá mágoa velo, e seica Pego e Méndez se xubilaron coa pensión máxima, e daqueles barros esta lameira e blablabá. Interesarse polo alleo, gozar coa súa contemplación é tan propio do ser humano que dende que Ícaro fundira as ás non imos senón colectando desgrazas. Nos tempos da bonanza, que hogano semellan un sono pero aínda estaban aí hai tan só un lustro, reconfortábamos a conciencia con filmes de Ken Loach e reportaxes de “Callejeros” para saber que era da vida dos que non tiñan sorte. Agora, mentres agardamos que entre pola porta a cámara de televisión para gravar a nosa loita contra a hipoteca, o que nos pide o corpo é ver na ficción riqueza, luxo e ostentación, pompa e circunstancia. Proliferan os programas sobre mansións, mulleres millonarias e turismo exótico. E onde estaba “Aída” e o seu costumismo choni de barrio, hoxe temos series como “Gran Hotel”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros