Queren reventar a Liga. Ao Perlío só lle val o título de campión da Segunda Autonómica de fútbol. Despois de clasificarse a pasada tempada para a promoción de ascenso e caer fronte ao Sporting Cambre, o equipo de Chechu Piñeiro vai a por todas na tempada que comeza este domingo. Co mesmo bloque que o ano pasado e a incorporación de Paolo, Joseph e Diego Montero da categoria xuvenil, o conxunto dos Pinares aspira a todo, pero ao mesmo tempo mantense cos pés no chán e afronta a competición con humildade.
Fátima Ameneiro regresa ao asento de copiloto no rally Ciutat de Cervera. O equipo de Fátima e Edgar Vigo é lider da xeral do Campionato de España de Rallyes de Terra para vehículos históricos. Tras a cancelación da proba do Bierzo, os de Fene intentarán manter esa posición en Cataluña. Un total de 102 inscritos confirmaron a súa presenza no Rally Ciutat de Cervera, demostrando que o CERT é o campionato de moda en España.
A élite mundial do surf dase cita entre o 29 de agosto e o 3 de setembro na Pantin Classic na praia de Valdoviño. Surfistas como os brasileños Miguel Pupo, Silvana Lima ou Iago Dora e os australianos Josh Kerr, Bronte Macaulay e Ethan Ewing son algunhas das principais estrelas das probas.
Saíu un fenómeno. Somentes así se poden explicar os resultados do Limodre na chave. Luís, o máximo chaveiro e o equipo do local social de Limodre gañou este ano unha vez máis a Liga e está a vencer en todos os torneos de verán, segundo explica Xaime Iglesias, do club de amigos de chave de Ferrolterra. Iglesias, natural de Magalofes e veciño de San Valentin quixo poñer a disposición do lector o pasado e o presente da chave. En setembro sairá do prelo o libro “Referencias históricas da chave en Ferrolterra 1950-2009”.