Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Portada de “Haikus”

Un paseo polas estacións do ano ao ritmo dos “Haikus” de Lobalú

Cultura 01/06/2011
  Envía a túa opinión

Haikus nace arrolado pola primavera. Botou flor devagariño, cos aloumiños dunha ducia e media de músicos e amigos e converteuse nun paseo polas catro estacións do ano enfeitado pola música e a poesía. Sen as moras regulamentarias mais coa métrica da alma, cada composición atesoura un anaquiño da musicalidade e sensibilidade dos que a conforman. Tres cancións para cada estación, unha para cada mes do ano, de marzo a febreiro, do froito da cerdeira ao tempo de inverno, o que nos leva a chegares descalzos aos momentos importantes da vida e a vivilos coa beleza núa do haiku”. Deste xeito describen Najla Shami e Héctor Lorenzo Piñeiro o seu primeiro disco conxunto como Lobalú, Haikus, que xa está nas tendas.


A anterior Xunta de Galicia implantou a gratuidade universal dos libros de texto

Os sindicatos de ensino e as ANPAs protestan pola reducción das axudas aos libros de texto

Sociedade 01/06/2011
  Envía a túa opinión

A partir desta mesma xornada, as familias poden solicitar de novo as axudas para adquisición de libros de texto no marco do modelo de Gratuídade Solidaria implantado pola Consellaría de Educación e que relevou á gratuidade universal anterior. Dúas son as novidades principais de cara ao curso 2011/2012. Por unha banda, e en positivo, a integración no programa de axudas dos cursos de primeiro e terceiro de ESO. Pola outra, e en negativo, a redución na contía das subvencións nos catro cursos de primaria, primeiro, segundo, quinto e sexto. As achegas da Xunta caen de 180 a 170 euros para as familias con menor renda, e de 104 a 90 no caso de aquelas con ingresos superiores.


Núñez Feijóo eliminou a gratuidade dos libros de texto

A Xunta reduce as axudas para os libros de texto

Sociedade 31/05/2011
  Envía a túa opinión

As axudas ás familias para adquirir libros de texto redúcense no vindeiro curso escolar de 180 a 170 euros e de 104 a 90, en función da renda do ano 2009. O modelo aplícase en boa parte da educación primaria e agora súmanse primeiro e terceiro de secundaria. A medida afecta ás familias con recursos inferiores aos 5.400 euros anuais per capita (6.000 para as familias monoparentais).


Portada de “Cordura”

O “rock de batea” de Korosi Dansas

Cultura 29/05/2011
  Envía a túa opinión

Corría o ano 1988 en Vilagarcía, cando catro arousáns con ansias reivindicativas e de protesta deciden combater as inxustizas sociais, culturais e políticas cos instrumentos como arma. Eran Xurxo Romero e Manuel Seixas á guitarra e á voz; Xosé Porto ao baixo e na voz; e Roberto Camba coa batería e as danzas. Xuntos formaron Korosi Dansas. A súa base operativa estaba situada na Casa da Xuventude da vila, alí xunto aos alfaroleiros e pintores comezan a compoñer o que deron en chamar “rock de batea”. Proceden da terra do mexillón con sabor a gasóleo de lancha contrabandista e, segundo eles contan, as súas noites están amenizadas polos sons procedentes do estraperlo e desfalco a facenda.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros