Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Keanu vainos cantar as corenta

“El Taquillazo: Ultimátum a la Tierra” (La Sexta, 22:25 h.)

Cultura 03/10/2011
  Envía a túa opinión

Disque a fascinación dos xaponeses polos filmes de Godzilla e as epopeas postnucleares son unha sublimación da pegada que deixou no inconsciente colectivo a bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki. O soño da razón produce monstros, e do sentimento de culpa mal dixerido nacen dinosauros radioactivos e tartarugas xigantescas. Porén, na versión occidental da apocalipse, o Planeta colapsa polo uso e abuso dos recursos naturais e o maltrato continuado contra ese espírito que nos deu acubillo na esfera de auga chamado Gaia. Coller a bicicleta en troques do coche para ir traballar non abonda e a tardía conciencia ecoloxista flaxélanos a través dunha serie de producións de cine de catástrofes que prognostican a extinción ben merecida dunha especie, a nosa, nociva para a Terra. Antano as películas do xénero conformábanse con queimar rañaceos ou afundir cruceiros de luxo, pero hoxe o mínimo que se pide é a aniquilación total da vida, se pode ser por un axente extraterrestre, mellor. 


Teddy Bautista, autor

“Equipo de investigación: La SGAE de Teddy Bautista” (Antena 3, 00:15 h.)

Sociedade 30/09/2011
  Envía a túa opinión

Escoita un aquela liña de baixo estremecida que, ao galope coa batería, vai anunciando a chegada dos metais e a voz ansiosa, e entón compréndeo. Todo estaba naquel “Get on your knees”, o himno soul que fixo bailar á mocidade ye-yé a finais dos anos 60. Es Eduardo Bautista e compuxeches un fito de canción que para si quixeran os Blues Brothers e que un pode imaxinar perfectamente na voz de Wilson Pickett ou Otis Redding. Anos despois, logo de adaptar as “Catro Estacións” de Vivaldi ao rock-progresivo e de facer de Xudas Iscariote en “Xesucristo Superestar”, tras toda esa bagaxe, veñen petar á túa porta Ramoncín ou Caco Senante e, como é comprensible, saen comendo na túa man, dispostos a dar a vida e o polo frito por ti. Xa, por se ficaba alguén que non te adorase, resulta que te fas chamar Teddy, como o celebérrimo osiño de peluxe ao que todo o mundo quere dar unha aperta.


Santísima Trinidade

“Cine: The Score (Un golpe maestro)” (La Sexta, 22:25 h.)

Cultura 29/09/2011
  Envía a túa opinión

Os americanos que, algo saben do espectáculo, por non dicir que gardan o seu segredo na mesma caixa acoirazada na que dorme a fórmula misteriosa da Coca-Cola, idearon hai tempo un concepto de show repetido despois polo mundo adiante: o All-Star. Traducido de maneira rudimentaria como “todas as estrelas”, consiste nun concepto que de tan sinxelo, apampa: xuntar aos mellores na súa disciplina para medir os seus talentos. O invento coñecémolo por estes pagos grazas á NBA, o campionato de baloncesto que celebra unha festa oficial na que os xogadores de elite comezan botando unha pachanga coa intensidade propia dun partido solteiros contra casados, e ao remate non se arrincan os ollos porque hai árbitro no parqué. Pois La Sexta programou para esta noite unha película, que máis que un filme é un “all-star” cinematográfico. 


Pracer para sibaritas

“Granjero busca esposa” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 28/09/2011
  Envía a túa opinión

Ti que ollas con desprezo aos que mercan por miles o disco de Bisbal e non o de Bon Iver; ti que sabes que o mellor sabor do xeado é o de pistacho e non o de vainilla e chocolate; ti que es dos que aguantaches até o final na proxección de “El Árbol de la Vida” e marchaches da sala aos cinco minutos de “Too fast too furious 5”; ti que es un connoisseur, un sibarita da vida, un pope do alternativo; ti, amigo meu, estás de sorte. Porque esta noite volve á pantalla o único reality-show que é a verdadeira elección dos coñecedores, un pracer minoritario para xente de padal televisivo fino e, se cadra, dende “Confianza Ciega”, o maior fenómeno de culto para os que estean fartos de tanta fórmula para as masas da escola “Gran Hermano”. Xa vén o cheiro a bosta. Esta noite volve “Granjero busca esposa”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros