A rapaza Laura Corral do Náutico Narón clasificouse para participar no Galego de Duatlón que se celebrará esta fin de semana na localidade de Vilalba en Lugo. Os membros do Náutico Narón lograron excelentes resultados no Campionato Provincial de Duatlón celebrado na localidade de Vedra na comarca de Santiago de Compostela. O domingo Laura Corral logrou a cuarta posición na categoría cadete e fixo marca para participar nos Galegos da especialidade que se celebran na capital da Terra Chá.
Tres autobuses con preto de 150 sendeiristas do Concello de Brión achegáronse esta pasada fin de semana á comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal invitados pola sección de montaña do Pórtico de Astano. Os montañistas visitaron as Fragas do Eume.
O segundo técnico do Narón Balompé declarounos que o descenso do Racing é un verdadeiro fracaso para o fútbol da comarca. Non é bó para o fútbol da bisbarra e para o balompé do propio Racing de Ferrol.
O Meirás que dirixe Sindo Moreira e o Narón B que entrena Juan Carlos Gundín loitan, a falta dunha xornada para rematar a liga, pola terceira posición na clasificación xeral. Quedan tres puntos en xogo e o Narón depende de el para lograr o obxectivo de facer podium esta campaña. O Narón B deberá gañar para asegurar este terceiro caixón. Un empate ou unha derrota naronesa daría posibilidades ao Meirás que se atopa a un punto e que deberá gañar para ter opcións.