Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Festa do Cabalo

Información do programa Novas do programa

Un dos xinetes na XX Festa do Cabalo de Magalofes

Tordo gaña a proba de arrastre na Festa do Cabalo de Magalofes

Sociedade 29/08/2010
 12 comentario/s - Envía a túa opinión

O cabalo Tordo de Armando Permui gañou a proba de arrastre celebrada este mediodia no marco da XX Festa do Cabalo de Magalofes (Fene). Foi o que máis distancia arrastrou durante 5 minutos un peso de 900 quilogramos de area. Un sol de xustiza luceu durante todo o dia e animou a numerosos visitantes a achegarse ao recinto da campa das Queiras.


Estampa da XX Festa do Cabalo de Magalofes. 29 de agosto do 2010.

Agustín Sarmiento: “É importante recuperar a pura raza galega”

Sociedade 29/08/2010
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Os romanos dician que o cabalo de pura raza galego era moi apto para a guerra. Tamén cumpre as funcións do traballo no campo e para a monta. A alzada do cabalo de pura raza galego non debe superar 1,48 metros, segundo o xuiz da Festa do Cabalo de Magalofes Agustín Sarmiento, quen salientou a importancia de recuperar o cabalo de pura raza galega.


María Xesús Arias entrevistando ao xuiz na festa do 2009

A Festa do Cabalo bota a andar en Magalofes

Sociedade 29/08/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Un sol de xustiza preside esta mañá a Festa do Cabalo que se celebra en Magalofes (Fene A Coruña). A festa cumpre 20 anos e espéranse arredor de 10.000 cidadáns ao longo do dia. Os concursos de beleza e estampa, exhibicións de doma de alta escola, doma vaqueira e as carreiras de cabalos, prolónganse ata última hora da tarde. Na campa das Queiras abren desde primeira hora establecementos de polbo, churrasco e de todo tipo de produtos relacionados co cabalo.


Fotografía: Rafael Fernández

Convocan o III Certame de fotografía da festa do Cabalo

Sociedade 21/08/2010
  Envía a túa opinión

Por terceiro ano consecutivo, a Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión convocan o Certame de fotografía da Festa do Cabalo. Poderá presentarse calquera persoa interesada enviando as súas imaxes da festa que se celebrará en Magalofes (Fene) o domingo 29 de agosto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros