Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

A cerdeira da curva do Penedo en Barallobre

A cerdeira do Penedo

Sociedade 23/04/2012
  Envía a túa opinión

Unha cerdeira moi grande, cun perímetro de través de 2,40 metros e altitude de arredor de 13 metros, situase ao marxe da estrada da Palma, nunha das curvas do Penedo en Barallobre (Fene A Coruña). Presenta unha copa redondeada, moi fermosa. Hai algún tempo caeulle unha ponla, e tiña un diámetro de 90 centímetros,o que da idea da súa magnitude.


A árbore do amor florece ao pé da igrexa de Perlío

As disputas pola árbore do amor en Perlío

Sociedade 01/04/2012
  Envía a túa opinión

O matrimonio formado por Enrique Saavedra e Concha Castiñeira plantou a árbore do amor, ao pé da igrexa de Perlío, arredor de 1920. A parella era emigrante en Cuba onde tiña os seus negocios. Doaron para a parróquia os terreos do cemiterio e máis a parcela onde se ergue a escola infantil “A galiña azul”. Vivian nun chalet da rúa da Torre en Perlío.


Escolares de Fene no Belelle

O carballo, o rei nas fragas do Belelle

Sociedade 21/03/2012
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O carballo é a especie máis extendida nas fragas do Belelle, pero tamén atopamos loureiros, espiños brancos ou érvedos. Na zona máis próxima á fervenza, abundan tamén os ameneiros, que fixan á terra nas ribeiras.


A Araucaria e ao fondo os obradoiros e guindastres de Navantia Fene

A araucaria dos comedores de Astano

Sociedade 18/03/2012
  Envía a túa opinión

A araucaria das inmediacións dos comedores de Astano (Fene A Coruña) mide máis de 20 metros de altura. Pero esta especie pode chegar a medir 60 metros. Por iso o seu tronco utilizábase para os mastros dos barcos, cando a construción naval usaba a madeira. Trátase dunha conífera orixinaria da illa de Norfolk, en Australia. O seu perfil sobresae pola simetría das pólas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros