Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Patio de butacas

Información do programa Novas do programa

Rubén Ruibal no 2007

A “Limpeza de sangue” chega a Ferrol

Sociedade 02/10/2011
  Envía a túa opinión

A “Limpeza de sangue” de Rubén Ruibal chega a vindeira semana a Ferrol. O venres e o sábado a compañía “Espello Cóncavo” dirixida por Arturo López escenifica a obra no Teatro Jofre. O mércores organízase unha tertulia – café para coñecer máis polo miudo a creación deste espectáculo. Faráse unha lectura dramatizada dalgunha escena da obra. 


O Festival Galicreques celébrase ata o 9 de outubro na capital galega

Os monicreques toman vida en Compostela

Cultura 01/10/2011
  Envía a túa opinión

Ata o 9 de outubro os monicreques invaden a capital galega. Dezaseis compañías, chegadas de distintos puntos do planeta e con propostas moi variadas, toman parte no XVI Festival Internacional de Títeres Galicreques de Santiago, que en vindeiras semanas terá as súas réplicas na Coruña e nos concellos das Mariñas. Todos os participantse -segundo o director da cita, Jorge Rey- contan cunha “longa traxectoria”, o que lles outorga unha “estética persoal e depurada”.


Ernesto Chao no papel de Stefan Zweig (O. Losada)

Manuel Lourenzo: “Unha fermosa e angustiosa parábola da vida”

Cultura 23/09/2011
  Envía a túa opinión

O outro día tiven a sorte -por non dicir o privilexio- de ver, no Pazo da Cultura de Narón, un traballo extraordinario de Lagarta-Lagarta, a compañía que xestionan Rosa Álvarez e Ernesto Chao, dirixido por ela e protagonizado por el, formando trío con Belén Constenla e César Cambeiro. A obra, "Unha hora na vida de Stefan Zweig", do xove autor canario Antonio Tabares, en versión galega de Avelino González e Olga Nogueira. Tres intérpretes vestidos pola directora Rosa Álvarez, nun estrito e fermoso espazo deseñado por Ernesto Chao e iluminado por Alfonso Parra.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros