Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 22 de Febreiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

A Xunta pretende dotar de liquidez a aqueles explotacións endebedadas

Medio Rural axilizará o pago de 110 millóns de euros aos gandeiros

Sociedade 23/06/2009
  Envía a túa opinión

A Consellería de Medio Rural axilizará o pago de máis 110 millóns euros aos produtores lácteos. O obxectivo é tratar de dotar de liquidez ao sector a través de sete medidas das que, prevén, se poderán beneficiar 45.000 gandeiros. Unhas propostas que se anunciaron en Galicia mentres en Luxemburgo se reuniron os ministros de agricultura da Unión Europea no medio de protestas na rúa. Sobre todo isto falouse no programa Onda Rural.


O Goberno galego advirte que estamos ante un verán de “alto risco”

O Consello da Xunta dá o seu visto e prace ao plan contra os lumes forestais

Sociedade 22/06/2009
  Envía a túa opinión

O Consello da Xunta aprobou o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (o Pladiga 2009). O programa Onda Rural centrouse nas características, novidades e obxectivos do proxecto da loita contra o lume para este verán, cualificado polo Goberno autonómico como de “alto risco”.


Os gandeiros protestaron en Lugo nas instalacións de Carrefour

Os produtores lácteos mobilízanse contra as grandes superficies comerciais

Sociedade 19/06/2009
  Envía a túa opinión

Os supermercados e grandes superficies atópanse no punto de mira dos produtores lácteos. Os tres sindicatos agrarios e a asociación de cooperativas protagonizaron unha xornada de mobilizacións para protestar contra as prácticas da distribución, á que acusan de “extorsionar” a industrias e gandeiros, favorecendo o engano dos consumidores. Este asunto centrou a atención do programa Onda Rural.


Os expertos alertan dos riscos do quencemento global

O cambio climático produce no agro galego aumento das secas e problemas de sanidade vexetal e animal

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

O cambio climático fai variar a agricultura e a gandería en Galicia. As variacións nas temperaturas, choivas ou índices de humidade provocan transformacións nos períodos e condicións de cultivo. O programa Onda Rural abordou como afecta o quencemento global á sanidade vexetal e animal, a produción de forraxes ou o cultivo vitivinícola.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros