Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Vilanova

Información do programa Novas do programa

Encontro das lavandeiras en Sillobre. 2014. Fotografía: Juan Antonio Garrido

A reacción despois da catástrofe

Sociedade 18/10/2017
  Envía a túa opinión

Non todos reaccionamos igual diante dunha catástrofe ou do diagnóstico dunha enfermedade grave. A apertura ás novas experiencias facilitan o crecemento postraumático en programas de psicoterapia positiva despois do padecemento de tumores. Esas iniciativas tamén traballan as fortalezas da persoa, para que se dean conta que teñen ferramentas para sair adiante. Explícanse novos enfoques para asimilar novas oportunidades.


Festa en Perlío

Érguete e anda, como en Islandia

Sociedade 11/10/2017
  Envía a túa opinión

“Os estudos ensináronnos que tiñamos que crear unhas circunstancias nas cales os menores de idade puidesen levar unha vida saudable e non necesitasen consumir drogas porque a vida é divertida, os mozos teñen moitas cousas que facer e contan co apoio dunha familia que pasa tempo con eles” segundo un dos promotores do programa de prevención do consumo de alcohol e drogas. Islandia sabe como acabar coas drogas entre adolescentes. Nos últimos 20 anos, Islandia reduciu radicalmente o consumo de tabaco, drogas e bebidas alcohólicas entre os mozos.


Asociación Por + vida no podio da Carreira da Muller da Coruña. 2017.

Como medrar despois dunha crise

Institucional 04/10/2017
  Envía a túa opinión

O novo xerente do Bar A Lareira en Laraxe (Cabanas) padeceu un cancro de pancreas. Superouno hai máis de vinte anos. Di orgulloso que entre un millón de afectados por cancro de pancreas só sobrevive un, e ese é el. Non hai nada positivo nunha doenza grave –como nun divorcio ou nun despido- pero pódese aplicar unha aprendizaxe para o denominado crecemento postraumático.


A asociación Por + vida fortalece a rede social das persoas

A soidade, ameaza para a saúde

Deportes 27/09/2017
  Envía a túa opinión

Valorar e prestar atención as persoas do arredor, aprender a organizar o tempo que lle adicamos ás redes sociais, apartar o teléfono móbil nas comidas e cando durmimos, sair e relacionarnos con persoas reais. Son algunhas das recomendacións para non padecer o andazo da soidade, unha ameaza para a saúde que xa supera á obesidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros