Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

Cartaz do Día Mundial dos Océanos 2016

Coidemos o Océano

Sociedade 08/06/2016
  Envía a túa opinión

Mércores 8 de xuño. Celébrase hoxe o Día Mundial dos Océanos. Unha oportunidade única para trasladar á ciudadanía o valor dos nosos mares e a importancia de protexerlos. O Ministerio, como organismo encargado da protección do mar , chama a atención da sociedad sobre a riqueza ambiental dos nosos mares que abarcan no estado español, máis de 1 millón de km2 dos que o 9 % está protexido.


Adro de Santa Mariña- Sillobre

Sillobre celebra o San Xoan o 25 de xuño

Sociedade 07/06/2016
  Envía a túa opinión

O prazo para apuntar á rapazada no Verán máis alá ábrese mañá mércores. Trátase dun programa de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolve ao longo do mes de xullo no Colexio Centieiras de Perlío en Fene. É este un dos argumentos informativos en Radio Fene, como tamén as declaracións do portavoz popular de Fene, Gumersindo Galego esta mañá nas Foxas, onde da a entender as desavenencias no tripartito para xustificar, entre outros motivos, o retraso na presentación do orzamento municipal deste ano. Falamos de seguido da actualidade deste martes 7 de xuño, cercano ao San Xoan, e das sociedades de Fene que preparan esa festa, como é o caso da AVV de Sillobre que ofrece churrascada popular o sabado 25 de xuño no adro de Santa Mariña.


Inaugurouse esta mañá

Fene publica as bases para a loita contra os incendios

Sociedade 03/06/2016
  Envía a túa opinión

Ven de publicarse a convocatoria para a selección do persoal que combaterá os incendios forestais durante os meses de verán. Convócanse as prazas como persoal laboral temporal para a prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais. Seleccionarase tres listas de aspirantes: xefe de brigada, peón de brigada-condutor e peón de brigada. As probas selectivas realizaranse polo sistema de concurso-oposición libre.


A Liga de amigos visita a Casa de Manuel María

Abride escolas e pecharedes cárceres

Sociedade 02/06/2016
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

“Eu non teño coche”. "Está moi mal que a pechen". "Con tres  anos son moi pequenos para metelos no bus". Son algunhas das opinións da cidadanía de Sillobre en torno ao recorte da escola da parroquia. Recollímolas esta mañá na parroquia e as escoitaremos no tempo das noticias de Radio Fene que comezamos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros