Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Diana Castro, Esther Val, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz

Unha poesía dificil chea de referencias literarias

Cultura 03/08/2017
  Envía a túa opinión

“É unha poesía intelectual, chea de referencias literarias” afirma Andrés C.M.Riveira referindose ao libro de Manuel Xestoso As ruinas de Europa. Para Esther Val, “é un volume dificil que esixe esforzo á persoa lectora”. Diana Castro salienta que o autor é tamén crítico literario e co-dirixe a Revista Galega de Teatro, “algo que tamén se palpa nos seus versos”.


Manuel Gago, Esther Val, Henrique Sanfiz e Andrés C.M.Riveira

Unha radiografía da igrexa

Cultura 03/08/2017
  Envía a túa opinión

Ata seis tipos de cregos aparecen na novela de Manuel GagoO anxo negro”. A obra ofrécenos unha auténtica radiografía da igrexa en Galicia, pero vai moito máis alá e debulla unha trama desatada a partir do roubo dunha imaxe moi venerada nunha parroquia da costa. Gago elabora unha narración hipertextual, con anotacións e sucesivas “ligazóns”, saltos adiante e atrás nun relato cinematográfico no que o vento aparece como un persoaxe máis. 


Paula Carballeira

Animais, nunca mascotas

Sociedade 02/08/2017
  Envía a túa opinión

Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais. E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, no seu libro “Nunca mascotas”.


Esther Val, Henrique Sanfiz e Andrés C.M. Riveira

Sorrindo cos xogos coa lingua

Cultura 07/07/2017
  Envía a túa opinión

Paco Barreiro convídanos a xogar coa lingua en “Beixos de lingua”. Brincadeiras co idioma e tamén co apéndice bucal. Os palíndromos, caligramas e trabalinguas compiten para provocar o riso e o sorriso na persoa lectora. Quen se achegue a este volumen terá o risco de repetir e repetir igual que a froita de óso no verán.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros